A ocludina é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene OCLN. É unha proteína integral de membrana de 65 kDa e 522 aminoácidos localizada nas unións herméticas que unen unhas células con outras. Foi descrita por primeira vez en 1993 por Shoichiro Tsukita. Xunto coas proteínas claudinas, as ocludinas son os principais compoñentes das unións herméticas.

Estrutura Segundo a hidrofilidade global da molécula, esta atravesa a membrana catro veces, formando dous bucles extracelulares e expoñendo no citosol os seus extremos N-terminal e C-terminal. A interacción da ocludina con varias proteínas citoplasmáticas da placa de unión ocorre polo seu extremo C-terminal, mentres que os bucles extracelulares crese que están implicados na regulación da permeabilidade paracelular e a adhesión celular. A fosforilación/desfosforilación xoga un papel fundamental na regulación da ocludina e das unións herméticas.

Asociación con enfermidades Os trastornos na regulación da ocludina son un importante aspecto de diversas doenzas, xa que se distorsionan as barreiras celulares. As estratexias para previr ou reverter esta regulación á baixa poden ser un importante recurso terapéutico. Está implicada en diarreas, cancro, doenzas inflamatorias, alerxias, diabetes, esclerose múltiple, entre outras.

miniatura|dereita|300px|Diagrama dunha unión hermética.

Interaccións A ocludina interacciona coa proteína 2 das unións herméticas, YES1 e coa proteína 1 das unións herméticas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

GeneTests/NCBI/NIH/UW de Band-Like Calcification with Simplified Gyration and Polymicrogyria

Categoría:Proteínas