Amancio Paradela Moure, finado no Carballiño en 1942, foi un avogado e político galego.
Traxectoria En 1913 licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e foi xuíz municipal de Boborás (1918-1919).El Ideal Gallego, 18-11-1917, p. 2. Durante a Segunda República foi nomeado alcalde do Carballiño en outubro de 1934, como candidato da CEDA. El Pueblo Gallego, 18-10-1934, p. 12. Permaneceu no cargo até febreiro de 1936.
Vida persoal Casou no Carballiño con Teresa Beltrán Rodríguez en 1927.El Pueblo Gallego, 6-4-1927, p. 2. Tivo cinco fillos: José Luis, Amancio, Eladio, Manuel e María Teresa Paradela Beltrán.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes do Carballiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados no século XIX Categoría:Finados en 1942