Willy Cartier, nado en París o 15 de setembro de 1991, é un modelo e actor francés. É coñecido por ser a imaxe das coleccións de Givenchy.

Traxectoria Willy Cartier é fillo do pintor Jack Servoz e da bailarina Léa Cartier. Nun primeiro momento, comezou a súa carreira como actor, sendo alumno da prestixiosa Cours Florent. Tamén foi á Académy International of Danse, onde estudou danza (clásica, contemporánea e jazz) e a teatro, que lle permitiu participer na comedia musical Aida. Alén dos filmes, particiou na curtametraxe La Légende de Shalimar a carón de Natalia Vodianova.

Na súa carreira como modelo, traballou para as marcas Chanel, Karl Lagerfeld, Jean-Paul Gautier, Givenchy, Diesel e Benetton. Tamén aparece nos vídeos musicais de varios artistas como Woodkid, Shy'm, Frank Ocean, Laurent Voulzy ou Alain Souchon.

Filmografía Filmes 2008 : La Belle Personne de Christophe Honoré 2009 : Fouquet, colbert, l'ecureuil et la couleuvre de Laurent Heynemann 2010 : Ma première fois de Marie Castille 2013 : Le grand départ de Nicolas Mercier

Televisión 2010 : Strictement platonique 2011 : Famille d'accueil 2011 : Le monde à ses pieds 2012 : RIS police scientifique

Notas

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en París Categoría:Modelos masculinos de Francia Categoría:Actores de Francia