Chitlin' circuit era o nome co cal se coñecían un conxunto de locais dos Estados Unidos (como por exemplo o Cotton Club ou o Victory Grill) no cal os músicos, actores e calquera outro tipo de artistas e intelectuais afroamericanos eran libres de expresarse e exhibirse no período da segregación racial estadounidense.
O nome deriva de chitterlings, un prato a base de tripas de porco guisado ou en sopa, consumidos como entrante na soul food, o conxunto dos pratos tradicionais da comunidade afroamericana dos estados confederados.
En pouco tempo, o Chitlin' Circuit converteuse nunha especie de canteira de talentos na que artistas con azos de converterse en estrelas farían os seus primeiros pasos. Neste tipo de locais comezaron como Louis Jordan, «‘The Chitlin’ Circuit’ by Preston Lauterbach, about pre-rock black music.» The Washington Post. Consultado o 19 de decembro de 2012. Cab Calloway, Duke Ellington, James Brown, Opie, Frederick Douglass. «The Origins and Meanings of Soul and Soul Food» en Hog & Hominy: Soul Food from Africa to America páx. 121. Columbia University Press En Google Books. Consultado o 19 de decembro de 2012. BB King, Jimi Hendrix, Nina Simone, Ray Charles, Aretha Franklin, The Supremes, Ike & Tina Turner, George Benson, Dr. Lonnie Smith, Gladys Knight & the Pips, Otis Redding, The Isley Brothers e mesmo expoñentes da corrente máis comercial da música "black" como Patti LaBelle e The Jackson 5.
Notas
Categoría:Cultura dos Estados Unidos de América