"Big Boy", tamén coñecido como "I'm A Big Boy Now", foi o primeiro sinxelo lanzado por The Jackson 5, en xaneiro de 1968, a través de Steeltown Records.Taraborrelli, p. 36–37 O grupo produciu e interpretou a parte instrumental de moitas das cancións con Steeltown, incluíndo "Big Boy". A canción non tivo éxito nin comercial nin da crítica, pero a familia Jackson quedou encantada co resultado.

The Jackson 5 lanzarían un segundo sinxelo con Steeltown Records antes de asinar con Motown Records. As gravacións orixinais do grupo con Steeltown Records consideráronse perdidas, pero foron redescubertas 25 anos máis tarde. Foron remasterizadas e relanzadas en 1995, con "Big Boy" como sinxelo promocional.

Notas

Véxase tamén Bibliografía George, Nelson (2004). Michael Jackson: The Ultimate Collection booklet. Sony BMG.

Categoría:Sinxelos de 1968 Categoría:Cancións de The Jackson 5