"Dancing Machine" é unha canción de 1973 gravada por The Jackson 5 e lanzada como sinxelo en 1974. Foi o primeiro éxito top ten nos Estados Unidos dende a canción de 1971 "Sugar Daddy". "Dancing Machine" conseguiu o número un en Cash Box e o número dous en Billboard Hot 100. Ademais, conseguiu o número un nas listas musicais de R&B. Valeulles a The Jackson 5 o seu segundo nomeamento ós Grammy en 1975, mais perderon ante a canción de Rufus e Chaka Khan "Tell Me Something Good".
Notas
Categoría:Sinxelos de 1974 Categoría:Cancións de The Jackson 5