Ramón Otero Acuña, nado en Cádiz e finado en Santiago de Compostela o 5 de abril de 1876, foi un médico, profesor e xornalista galego.
Traxectoria En 1839 era profesor axudante do Colexio de Cirurxía de Cádiz. En 1854 foi nomeado catedrático de Patoloxía cirúrxica da Universidade de Santiago de Compostela, posto no que permaneceu até a súa morte. Pertenceu ao consello editorial da Revista de Ciencias Médicas, colaborou en La Joven Galicia e dirixiu El Eco Escolar.
Obras Memoria sobre la ablación de la matriz a propósito de un caso práctico terminado con éxito, 1853. Reseña del estado actual de las ciencias médicas, 1859. Lecciones de Patología quirúrgica. Galicia médica. Apuntes para servir al estudio de la geografía médica de Galicia, 1867. Clave de patología general y especial quirúrgica doctrinal y clínica en alivio del estudiante, 1872. Brevísimo compendio de Patología Quirúrgica doctrinal y clínica, 1875.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Finados en 1876 Categoría:Nados en ano descoñecido