miniatura|Follaxe de Carya cordiformis. miniatura|Amento masculino (candea) de Carya illinoinensis. right|miniatura|Noces chegadas de Carya ovata, a punto de caeren, Andrews, Carolina do Sur (Estados Unidos). Carya (as nogueiras de pecán) é un xénero de plantas arbóreas, máis raramente arbustivas, da familia Juglandaceae. Inclúe unha trintena de táxones aceptados -entre específicos, infraespecíficos e híbridos- dos case 150 descritos.Carya en The Plant List-Aworking list of all plants species; consultado 16 de novembro de 2013

Etimoloxía Carya: derivado do grego κάρυον, "noz".

Descripión Árbores, máis raramente arbustos, de 3 até 50 de altura, monoicos como todos os representantes da familia, con casca de cor cinsenta ou apardada, lisa con fendas en individuos novos, tornándose engurrada e ocasionalmente profundamente sucada ou exfoliada en escamas laminares ou ben en fitas longas ou largas. As follas son imparipinnadas, con pecíolo de glabro a pubescente ou escamento e 3-21 folíolos peciolulados de marxe aserado -os distais máis grandes- que miden de 2-26 por 1-14 cm. Os amentos masculinos (candeas), pénsiles, son de 3 fascículos de flores con 3-15 estames pubesentes ou non. As flores femininas organízanse en espigas terminais. Os froitos son drupáceos ("drupa involucrada" ou "trima") de invólucro dehiscentes en 4 valvas de suturas lisas ou aladas, con noz comprimida ou non, angulosa ou lisa, suave ou verrugosa, de casca fina ou grosa e de cor parda, ocasionalmente pintada de negro ou marrón. A semente pode ser doce ou amarga.Carya en Flora of North America

Distribución Unha ducia de especies son nativas de América do Norte (11 nos Estados Unidos, 1 en México), e unhas 5–6 da China e Indochina. Un certo número de especies foron introducidas en diversas rexións do mundo con fins ornamentais, alimenticios ou industriais.

Especies e clasificación Principais especies: Asia Carya sección Sinocarya – Nogueiras de pacán asiáticas Por exemplo: Carya cathayensis Sarg. Carya dabieshanensis M.C. Liu (pode ser sinónimo de C. cathayensis) Carya hunanensis W.C.Cheng & R.H.Chang Carya kweichowensis Kuang & A.M.Lu Carya poilanei Leroy Carya tonkinensis Lecomte

Norteamérica Carya sección Carya – Nogueiras de pacán típicas Por exemplo: Carya floridana Sarg. Carya glabra (Mill.) Sweet Carya myristiciformis (F.Michx.) Nutt. Carya ovalis (Wangenh.) Sarg. (tratada coma un sinónimo de C. glabra por Flora N. Amer.) Carya ovata (Mill.) K.Koch Carya ovata var. ovata Carya ovata var. australis (sin. C. carolinae-septentrionalis) Carya laciniosa (Mill.) K.Koch Carya pallida (Ashe) Engl. & Graebn. Carya texana Buckley Carya tomentosa (Poir.) Nutt. (sin. C. alba)

Carya sección Apocarya – Nogueiras de pacán Por exemplo: Carya aquatica (F.Michx.) Nutt. Carya cordiformis (Asch.) Graebn. Carya illinoensis K.Koch ; "pacana" Carya palmeri W.E. Manning – Mexican Hickory

Usos O xénero ten certa importancia económica: por exemplo, Carya illinoinensis, a nogueira de pecán común, e a súa noz, é o produtor máis importante de «noces» de América do Norte, e a madeira das verdadeiras «Nogueiras americanas» é sen igual para a fabricación de mangos de ferramentas por ser moi rexa e resistente a golpes. Tamén estas nogueiras son unha boa fonte alimenticia para a fauna salvaxe sendo moi apreciadas na gastronomía humana.

Por outra banda, Carya cordiformis , C . glabra , e C . ovata cultívanse extensivamente en Europa central como madeira de construción.

Notas