Esta é unha lista dos gobernadores civís da Coruña, tomando como punto de arranque a reforma territorial implementada por Javier de Burgos no Real Decreto do 30 de novembro de 1833Gazeta de Madrid, 3-12-1833, pp. 1 e ss.. O posto de Gobernador civil inicialmente recibiu os nome de Subdelegado de Fomento, Xefe Superior Político, Xefe Político e mesmo Gobernador Civil durante os primeiros anos. A partir de 1836 empregouse unicamente a denominación de Xefe político, ata que quedou fixado en 1847 co nome de Gobernador CivilO Real Decreto publicado no 30 de setembro de 1847 distinguíu entre gobernadores civís xerais (para tódala rexión) dos gobernadores civís de provincia (Disposicións orgánicas para a gobernación civil do Reino).. Non obstante, aínda se mantivo a denominación de xefe político da provincia durante un par de anos, ata que o Real Decreto de 28 de decembro de 1849 (publicado o día 30) determinou que os xefes políticos provinciais (os gobernadores civís de provincia) e intendentes subdelegados de rendas provinciais pasaban a integrarse nunha única autoridade civil chamada gobernador civil provincial.
Reinado de Isabel II Rexencia de María Cristina de Borbón (29/09/1833 - 17/10/1840) 10/12/1833-14/04/1834: Miguel Gayoso de Mendoza, Señor de Rubianes, Grande de EspañaArchivo Histórico Nacional. Fondos Contemporáneos, Ministerio del Interior, Serie Xeral, leg. 404, núm. 14. Foi nomeado Subdelegado de Fomento da provincia da Coruña. 14/04/1834-11/11/1834: Antonio Loriga RegueraGazeta de Madrid, 18-4-1834, p. 264. Con data de 14 de abril, nomeouse a Antonio Loriga Subdelegado de Fomento da provincia da Coruña. En datas posteriores, pasou a ser denominado Gobernador civil. 11/11/1834-18/05/1835: José Taboada 18/05/1835-xuño 1836: Ventura de Córdoba xuño 1836-?: Benito Fernández Pereira ?-abril 1837: José María Bermúdez-de CastroXefe político interino. abril 1837-outubro 1837: Manuel García BarrosXefe político. outubro 1837-xaneiro 1838: Francisco Agustín Silvela BlancoXefe político. Deixou o posto para tomar posesión dunha praza de deputado a Cortes. xaneiro 1838-marzo 1839: Francisco de Gálvez Fernández marzo 1839-22/04/1840: Miguel Dorda 22/04/1840-04/07/1840: Nicolás Sanz SotoXefe político interino, nomeado como Gobernador militar da Coruña. 04/07/1840-12/09/1840: José María Cambronero 12/09/1840-xaneiro 1841: Victoriano de Esaín ElcanoXefe Político interino, nomeado pola Xunta Provisional Gobernativa da Coruña. O 11 de novembro é ratificado polo Ministerio da Gobernación. Ao falecer o intendente da provincia, José Loredo, substitúeo o propio Esain, polo que este deixa a xefatura política.
Rexencia de Espartero (17/10/1840 - 23/07/1843) xaneiro 1841-04/03/1841: Vicente Alsina SelisisXefe político. Deixou o cargo por ser deputado electo a Cortes. (1ª vez) 04/03/1841-27/03/1841: Joaquín Gómez Barreda 27/03/1841-22/02/1842: Fernando Corradi GómezXefe político en propiedade. Os derradeiros meses estivo ausente da provincia, probablemente substituído polo intendente subdelegado de rendas, Victoriano Esain. 22/02/1842-07/01/1843: Fernando Madoz Ibáñez 07/01/1843-?: Juan GutiérrezXefe político, non chegou a tomar posesión. (1ª vez) ?-15/04/1843: Rafael García-Pizarro Zaldúa-de Gamboa, II Marqués de Casa PizarroXefe político interino, como Intendente Subdelegado de Rendas da provincia da Coruña. (1ª vez) 15/04/1843-xullo 1843: Ramón Martelo Núñez-de Leis xullo 1843-01/08/1843: Rafael García-Pizarro Zaldúa-de Gamboa, II Marqués de Casa Pizarro (2ª vez)
Maioría de Idade (23/07/1843 - 03/05/1844) 01/08/1843-03/09/1843: Hipólito Otero MaquieiraXefe político en comisión da provincia da Coruña. 03/09/1843-11/09/1843: Francisco Moreno 11/09/1843-04/11/1843: José Sandino Miranda 04/11/1843-11/01/1844: Enrique de Vedia GoossensXefe do Goberno político. 11/01/1844-outubro 1846: José Martínez de San MartínReúnese o Goberno civil e o militar da provincia da Coruña na mesma persoa, que ata o momento levaba a só o Goberno militar. O 13 de outubro xa estaba substituído polo seu sucesor.
Década Moderada (03/05/1844 - 18/07/1854) outubro 1846-13/11/1846: Nicolás Fernández BolañoXefe político interino, como Conselleiro Provincial da Coruña. (1ª vez) 13/11/1846-03/03/1847: Ventura Díaz-Astillero de los Ríos 03/03/1847-17/03/1847: Nicolás Fernández Bolaño (2ª vez) 17/03/1847-17/12/1847: José March LaboresXefe político da provincia da Coruña. 17/12/1847-31/01/1849: Francisco Belza García-IriarteXefe político da provincia da Coruña. Tomou posesión o 17 de decembro de 1847. Por disposición publicada o 11 de marzo de 1848, a Raíña revogou o seu traslado á xefatura de Málaga, deixándoo no mesmo destino. 31/01/1849-29/10/1849: Manuel de la CuestaXefe político da provincia da Coruña. Por motivos de saúde, déuselle o 9 de setembro de 1849 dous meses de licenza, o que ao final desembocou na súa substitución. 29/10/1849-28/12/1849: Bartolomé Hermida SantabaiaAta o 1 de novembro de 1849 foi Xefe político interino da provincia da Coruña, por enfermidade do antecesor, como Intendente Subdelegado de Rendas provincial da Coruña. Despois desa data, pasou a ser Xefe político provincial en propiedade. (1ª vez) 28/12/1849-19/06/1850: José Fernández Enciso Foi o primeiro xefe político en recibir a denominación de gobernador civil da provincia da Coruña, segundo as novas disposicións. 19/06/1850-24/01/1851: José Rafael Guerra 24/01/1851-08/04/1851: Antonio Tenreiro-Montenegro Cabeda, II Conde de Vigo 08/04/1851-19/10/1853: Bartolomé Hermida Santabaia (2ª vez) 19/10/1853-25/01/1854: Bartolomé Velázquez Gaztelu 25/01/1854-14/08/1854: Fernando Zappino
Bienio Progresista (18/07/1854 - 14/07/1856) 16/08/1854-26/09/1854: Vicente Alsina Selisis (2ª vez) 26/09/1854-18/10/1854: Ramón Pasarón LastraGobernador civil en comisión. 18/10/1854-25/10/1854: Ramón Keiser MorenoNon tomou posesión por ser destinado ao goberno de Valencia. (1ª vez) 25/10/1854-03/11/1854: Antonio Falcón 03/11/1854-22/02/1856: Juan Gutiérrez (2ª vez) 22/02/1856-25/07/1856: Ramón Keiser Moreno (2ª vez)
Bienio Moderado (14/07/1856 - 30/06/1858) 25/07/1856-agosto 1856: Pedro Carvajal Sanjurjo Agosto 1856-20/08/1856: Bartolomé Hermida SantabaiaNon tomou posesión. (3ª vez) 20/08/1856-14/10/1856: Mariano del Castillo JiménezTomou posesión o 23/09/1856, ostentando a interinaxe ata entón Pedro Carvajal Sanjurjo. (1ª vez) 14/10/1856-09/07/1858: José María Michelena
Goberno da Unión Liberal (30/06/1858 - 02/03/1863) 09/07/1858-28/01/1859: Valentín de los Ríos Ríos, Marqués de Santa Cruz de Aguirre 28/01/1859-12/07/1861: José María Palarea Soto 12/07/1861-25/05/1863: Ramón María Suárez Pedregal
Crise Final (02/03/1863 - 19/09/1868) 25/05/1863-31/10/1863: José María Bremon CabelloO 31 de outubro nomeóuselle Xefe da Sección de Construcións Civís do Ministerio da Gobernación e o día 3 de novembro Director Xeral de Lotarías, aínda que o 6 de novembro estaba a asinar ordes como Gobernador civil da Coruña. 31/10/1863-25/11/1863: Juan María Villar de la TorreGobernador Civil interino, como Secretario do Goberno Civil da Coruña. 25/11/1863-25/01/1864: Cástor Ibáñez de Aldecoa 25/01/1864-12/03/1864: Vicente Pablo Calderón Oreiro, III Conde de San Juan (1ª vez) 12/03/1864-16/03/1864: Antonio de Medina Canals (1ª vez) 16/03/1864-26/07/1864: Antonio López de Letona 26/07/1864-05/10/1864: Antonio Fernández-de Heredia Valdés, Vizconde del Cerro 05/10/1864-09/10/1864: Antonio de Medina Canals (2ª vez) 09/10/1864-06/12/1864: Joaquín Alonso SorianoDeixou o cargo para ocupar o de deputado á Cortes por Lleida. 06/12/1864-28/06/1865: Paulino Souto SánchezFoi Gobernador civil interino entre o 6 de febreiro de 1864 e o 1 de febreiro de 1865, data na que obtén o cargo en propiedade. (1ª vez) 28/06/1865-14/07/1865: Antonio de Medina Canals (3ª vez) 14/07/1865-12/07/1866: José Joaquín Barreiro FerroO 16 de outubro de 1865 déuselle o cargo en propiedade, que viña executando en comisión como deputado á Cortes. 12/07/1866-13/10/1868: Paulino Souto Sánchez (2ª vez)
Goberno Provisional Período que se estende entre o 19 de setembro de 1868 e o 2 de xaneiro de 1871. 13/10/1868-02/03/1870: Mariano del Castillo Jiménez (2ª vez) 02/03/1870-29/03/1870: Bernardo Iglesias Tineo 29/03/1870-12/01/1871: Pedro Celestino Argüelles
Reinado de Amadeu I Período que se estende entre o 2 de xaneiro de 1871 e o 11 de febreiro de 1873. 12/01/1871-14/10/1871: Constantino Vázquez Rojo (1ª vez) 14/10/1871-15/01/1872: Laureano Rodríguez Malvares 15/01/1872-11/06/1872: José Gómez Díez 11/06/1872-18/06/1872: Joaquín HelgueroNon tomou posesión polo seu traslado ao Goberno Civil de Valencia, ao que finalmente tampouco chegou. 18/06/1872-26/09/1872: Constantino Vázquez RojoDeixou o cargo por incompatibilidade co cargo de deputado a Cortes. (2ª vez) 26/09/1872-10/10/1872: Francisco Amarelle Rodríguez 10/10/1872-19/02/1873: Fausto Garagarza Dugiols
Primeira República Período que se estende entre o 11 de febreiro de 1873 e o 29 de decembro de 1874. 19/02/1873-25/02/1873: Alberto Aguilera VelascoNon tomou posesión por deixar o Ministerio o nomeamento sen efecto. 25/02/1873-26/08/1873: Manuel Pedregal Cañedo 26/08/1873-07/10/1873: Fermín Villaamil Cancio 07/10/1873-31/01/1874: Zacarías Ruiz LlorenteO seu cargo foi o de Delegado Especial do Poder Executivo, nunha reformulación dos órganos republicanos. 31/01/1874-09/01/1875: Francisco Cantillo Aquino
Restauración borbónica Reinado de Alfonso XII (29/12/1874 - 25/11/1885) 09/01/1875-17/09/1875: Vicente Pablo Calderón Oreiro, III Conde de San Juan (2ª vez) 17/09/1875-16/10/1876: Alejandro Marquina ÁlvarezFaleceu no cargo. 16/10/1876-28/10/1876: Cesáreo del Villar Larrazábal 28/10/1876-06/03/1880: Antonio Candalija Uribe 06/03/1880-12/02/1881: Enrique de Leguina Vidal 12/02/1881-11/10/1881: Joaquín Couder Roquebert (1ª vez) 11/10/1881-28/02/1882: Ramón Serrano Coello 28/02/1882-13/07/1882: Francisco de Paula Banquells Rascón 13/07/1882-29/01/1883: Joaquín Couder Roquebert (2ª vez) 29/01/1883-08/02/1883: Alfredo Gómez Zaragoza 08/02/1883-03/11/1883: Guillermo Laá Rute 03/11/1883-20/01/1884: Enrique Sors Martínez 20/01/1884-07/03/1885: José Antonio Gutiérrez de la Vega 07/03/1885-01/12/1885: Calixto Varela-de Montes Recamán (1ª vez)
Rexencia de María Cristina (26/11/1885 - 17/05/1902) 01/12/1885-27/06/1886: Teodoro Baró Sureda 27/06/1886-30/06/1886: Eduardo de la Loma SantosNon tomou posesión, por deixar sen efecto o seu nomeamento días despois de producirse. 30/06/1886-07/01/1887: José María Pérez Caballero 07/01/1887-12/01/1888: José Escrig Font 12/01/1888-27/06/1889: Julián Morés Sáenz 27/06/1889-10/07/1890: Rafael Sarthou Calvo 10/07/1890-23/11/1892: Maximiliano Linares Rivas 23/11/1892-17/12/1892: Calixto Varela-de Montes Recamán (2ª vez) 17/12/1892-31/03/1895: Lorenzo Moncada Guillén 31/03/1895-08/01/1897: Silverio Moreda AlvariñoO seu 2º apelido tamén aparece como Albareño e Alvareño, segundo outras fontes. 08/01/1897-14/01/1897: Enrique de Ureña Barthé (1ª vez) 14/01/1897-09/10/1897: Filiberto Abelardo Díaz Donderis 09/10/1897-19/10/1897: Enrique de Ureña BarthéGobernador Civil interino, como Secretario do Goberno Civil da Coruña. O día 9 de outubro desígnase Gobernador civil a Antonio Dieffebruno de Montoya, pero o día 12 é mudado polo Sr. La Paliza, quen no toma posesión ata o día 19. (2ª vez) 19/10/1897-20/12/1897: Manuel de La Paliza Rodríguez-Guerra Foi nomeado o día 12 de outubro, non tomando posesión ata o 19. Faleceu por unha pulmonía o 20 de decembro. 20/12/1897-17/01/1898: Ricardo Ballester Martínez 17/01/1898-12/11/1898: Cristino Martos LlovetDeixou A Coruña o 14 de novembro, trala toma de posesión do seu sucesor no cargo. 12/11/1898-07/03/1899: Antonio Díaz Valdés 07/03/1899-22/06/1899: Pedro Miranda Cárcer 22/06/1899-07/08/1901: Eusebio Salas Rodríguez 07/08/1901-13/02/1902: Fernando Soldevilla Ruiz