A igrexa de San Pedro Apóstolo é un templo católico que se atopa na localidade de Alaejos (provincia de Valladolid).

Características A igrexa de San Pedro Apóstolo, de Alaejos, é unha obra do terceiro cuarto do século XVI, en cuxa construción conflúen reminiscencias góticas, xunto a elementos estruturais e decorativos, renacentistas e mudéxares. Destaca pola súa esvelta torre, obra barroca de finais do século XVII. Un balcón de forxa castelá ábrese á praza para actos públicos.

A Dirección Xeral de Belas Artes, Arquivos e Bibliotecas, por Resolución de 11 de novembro de 1981, incoou expedinte de declaración de monumento. O 30 de abril de 1984 a Real Academia de Belas Artes de San Fernando informou favorablemente desta declaración, así como a Universidade de Valladolid o 16 de outubro de 1996.

Véxase tamén Ligazóns externas Declaración de BIC publicado no BOE número 285 do 28 de novembro de 1997.

Categoría:Igrexas da provincia de Valladolid Categoría:Bens de Interese Cultural de Castela e León