Isidro Liarte Lausín, nado en Arándiga (Provincia de Zaragoza) en 1892 e finado en Oviedo o 26 de decembro de 1936, foi un político español. Traxectoria Membro de Alianza Republicana. Na Segunda República foi nomeado gobernador civil de Almería o 12 de xuño de 1932, permanecendo no cargo até novembro, cando foi nomeado gobernador de Xaén o 6 de novembro, permanecendo no cargo até o 19 de febreiro de 1933 cando foi nomeado gobernador de Toledo até o 13 de setembro en que foi nomeado gobernador de Valladolid. Despois foi gobernador de Pontevedra o 13 de outubro de 1933, permanecendo no cargo até o 12 de decembro dese ano. Afiliado a Izquierda Republicana, foi nomeado gobernador de Baleares o 22 de febreiro de 1936 permanecendo no cargo até o 5 de xullo, cando foi nomeado gobernador de Asturias. Foi asasinado o 26 de decembro de 1936.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Isidro Liarte Lausín, gobernador civil de Asturias diez días de Julio de 1936

Categoría:Gobernadores civís de Xaén Categoría:Gobernadores civís de Toledo Categoría:Gobernadores civís de Valladolid Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Almería Categoría:Gobernadores civís das Baleares Categoría:Gobernadores civís de Asturias Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados na provincia de Zaragoza Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1936