Xukrala Nabil al-HaxTransliteración segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito.Tamén coñecido pola romanización francesa do seu nome, Chucrallah-Nabil El-Hage, e pola inglesa Shukrallah Nabil El Hajj. (en ), nado no Líbano o 26 de febreiro de 1943, é un bispo católico maronita, dende 2003 arcebispo de Tiro. Traxectoria Xukrala Nabil al-Hax naceu en Al-Hixa, unha vila do distrito de Sidón, na gobernación do Líbano Meridional, o 26 de febreiro de 1943. Entrou no seminario do patriarcado maronita de Rasir en 1957, e alí cursou os seus estudos secundarios até 1962. Posteriormente pasou en 1963 á Universidade San Xosé de Beirut, onde estudou Filosofía e Teoloxía. O 13 de xuño de 1970 foi ordenado sacerdote.
En 1977 obtivo un grao en Lingua francesa pola Universidade Libanesa e conseguiu unha axuda do goberno para estudar en Francia, onde obtivo un Diploma de Estudos Avanzados (DEA) pola Universidade da Provenza, e posteriormente obtivo en 1981 o doutoramento en lingua francesa. Á súa volta ao Líbano, ensinou na Universidade Libanesa e na Universidade San Xosé.
En xuño de 2003, foi elixido polo Sínodo maronita arcebispo de Tiro, sendo confirmado polo papa Xoán Paulo II o 25 de setembro. Recibiu a consagración episcopal o 29 de novembro de mans do patriarca de Antioquía Nasrala Pedro Sufair, sendo os principais co-consagrantes o bispo auxiliar do patriarcado Rulan Abu Xudi e o arcebispo emérito de Tiro Marun Huri Sadir.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil na páxina do Patriarcado maronita de Antioquía
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados no distrito de Sidón Categoría:Alumnos da Universidade San Xosé de Beirut Categoría:Alumnos da Universidade Libanesa Categoría:Arcebispos da Igrexa católica maronita Categoría:Arcebispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos do século XXI