Caldithrix é un xénero de bacterias termófilas e anaeróbicas que son difíciles de asignar a algún dos filos bacterianos existentes, que comprende ata o momento dúas especiesLPSN Caldithrix. Segundo o Proxecto The All-Species Living Tree Caldithrix é un membro das Sphingobacteria (da clasificación de Cavalier-Smith),See 'The All-Species Living Tree' Project . Datos tomados de mentres que na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) inclúese un grupo sen clasificar dentro das Deferribacterales,ver a List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Datos tomados de e na taxonomía do NCBI considérase unha bacteria non clasificada.Ver o NCBI páxina web sobre Caldithrix Datos tomados de

Caldithrix abyssi foi a primeira especie do xénero descrita, atopada nunha cheminea hidrotermal profunda da dorsal mesoatlántica, e é moderadamente termófila (óptimo a 60 °C) e estritamente anaeróbica. É un bacilo gramnegativo, que pode crecer como quimioorganoheterótrofo fermentando substratos proteináceos ou piruvato ou respirar utilizando como doante de electróns o hidróxeno ou o acetato e como aceptor o nitrato. Reduce o nitrato. As análises xenéticas non a asocian de forma inequívoca cun filo determinado.Margarita L. Miroshnichenko, Nadezhda A. Kostrikina, Nikolai A. Chernyh, Nikolai V Pimenov, Tatyana P. Tourova, Alexei N. Antipov, Stefan Spring, Erko Stackebrandt e Elizaveta A. Bonch-Osmolovskaya. Caldithrix abyssi gen. nov., sp. nov., a nitrate-reducing, thermophilic, anaerobic bacterium isolated from a Mid-Atlantic Ridge hydrothermal vent, represents a novel bacterial lineage. IJSEM January 2003 vol. 53 no. 1 323-329. doi 10.1099/ijs.0.02390-0.

Caldithrix palaeochoryensis foi atopada en sedimentos xeotérmicos quentes mariños nun sistema hidrotermal en augas de Grecia. Foi a segunda especie do xénero atopada e ten características metabólicas similares ás de C. abyssi e pode presentarse como bacilos illados ou formar grandes agregados.

Notas

Categoría:Bacterias