miniatura|Fachas preparadas para seren prendidas. O Folión de Castelo, nome tradicional da festa (na liña dos folións de Vilelos, no Saviñao, e do Castro de Caldelas), agora tamén denominado Queima das Fachas é unha festa celebrada na parroquia de Castelo, no concello de Taboada. Ten lugar na noite do 7 ao 8 de setembro é dá comezo ás festas na honra de santa María. Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en outubro de 2008.La Voz de Galicia (7-9-2010); "Castelo ultima los preparativos para la Queima das Fachas". "O castro será escenario dun espectáculo que conta con máis de dous mil años de antigüidade", en castelán.

O primeiro paso é a instalación na cima do castro de Castelo das fachas, que son grandes fachos cuxo combustíbel son agucios secados durante o verán, e que se distinguen das doutros folións polo grande tamaño, pois poden alcanzar os 9 metros de altura. Forman unha circunferencia e van sendo prendidas unha a unha, conformando un grande círculo de lume. Tradicionalmente, cada casa da parroquia achegaba polo menos unha facha, aínda que podían ser máis en función dos fillos que houbese en cada unha.miniatura|150px|Asphodelus albus ou agucios.É organizada pola Asociación Cultural As Fachas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Folión de Fachas de Vilelos. Festa dos Fachós do Castro de Caldelas.

Ligazóns externas 20px Queima das Fachas de Castelo. Asociación Cultural As Fachas.

Categoría:Taboada Categoría:Festas de interese turístico de Galicia