Juan Menéndez Pidal, nado en Madrid o 31 de maio de 1858 e finado na mesma cidade o 28 de decembro de 1915, foi un historiador, poeta, xornalista e político español.

Traxectoria Irmán de Luís e Ramón Menéndez Pidal. Avogado de carreira, logo de recibir o título de licenciado en Dereito dedicouse ao xornalismo. Dirixiu La Unión Católica, diario de Madrid, foi redactor de El Universo e colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. Afiliado ao Partido Conservador, nas eleccións de 1891 foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ribadeo. Foi gobernador civil de Pontevedra (1899-1901) e Guadalajara (1902). Pertenceu ao Corpo de Bibliotecarios e Arquiveiros. Foi director do Archivo Histórico Nacional de Madrid e director da Revista de Archivos, Bibliotecas, y Museos. Escribiu lendas e biografías históricas, e destacou como poeta lírico. Algúns dos seus poemas fixéronse moi populares en Asturias. A súa obra máis importante foi Dios y César, un estudo desde o punto de vista xurídico da relación entre igrexa e estado. En 1914 foi elixido membro da Real Academia de la Lengua Española ocupando a cadeira coa letra A.

Obras Colección de viejos romances que cantan los asturianos en la danza prima, 1885. Poesías, 1890 e 1895. Leyendas del último rey godo, 1906. San Pedro de Cardeña, 1907.

Véxase tamén Bibliografía Rufino Blanco y Sánchez, Elementos de Literatura española... Madrid, 1925, p. 423.

Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Historiadores de España Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1915 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega