"I Wanna Be Where You Are" é unha canción escrita por Arthur "T-Boy" Ross e Leon Ware para o artista Michael Jackson, quen a levou ó número 7 na Cash Box e ó número 16 na Billboard Hot 100. Tamén acadou o número 2 nas listas musicais de R&B dos Estados Unidos en 1972. Foi o seu terceiro éxito da súa carreira en solitario con Motown. Tamén foi a primeira colaboración entre Ware e Ross, o irmán máis novo da artista Diana Ross. A canción sería unhas das máis versionadas, por cantantes como Marvin Gaye, Willie Hutch, Jason Weaver e The Fugees.

Categoría:Sinxelos de 1972 Categoría:Cancións de Michael Jackson