A dos boselafinos (Boselaphini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos, que responde á máis antiga radiación dos bovinos actuais.<ref>Jonathan D. Margot (2007): "Molecular phylogeny of terrestrial artiodactyls. En: Donald R. Prothero & Scott E. Foss (eds.) The Evolution of Artiodactyls. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins Universisy Press. ISBN 978-0-8018-8735-2.</ref>

Esta tribo comprende actualmente tan só dous xéneros con cadansúa especie de antílopes orixinarios do subcontinente Indio.

Descrición

Os boselafinos actuais son os últimos superviventes dunha forma moi similar á dos antepasados de toda a subfamilia dos bovinos. Os fósiles máis antigos da tribo, como Eotragus, datan do mioceno, hai uns 16 ou 18 millóns de anos. Estes fósiles posuían cornos moi similares aos dos machos pertencentes ás dúas especies actuais, aínda que nalgúns casos tamén estaban presentes nas femias.Kostopoulos, D. S. (2005): "The Bovidae (Mammalia, Artiodactyla) from the late Miocene of Akkaşdaği, Turkey". Geodiversitas 27 (4): 747–791.

Ambas as especies existentes teñen características anatómicas e condutuais relativamente primitivas, e as femias teñen cornos. Habitan nos bosques da India, dada vez máis escasos, e tenden a evitar as chairas abertas.

O nilgó introduciuse no sur de Texas, Estados Unidos, onde unha poboación de algo menos de 15.000 animais proporciona un seguro para a súa supervivencia a longo prazo.Mallon, D. P. (2008): Bosephalus tragocamelus na Lista vermella da UICN. Versión 2014.2. Consultada o 08-10-2014.

Taxonomía A subfamilia foi establecida en 1907 polo zoólogo alemán Theodor Christian Bernhard Knottnerus-Meyer,Colin Groves & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 1-4214-0093-6. na súa obra Über das Tränenbein der Huftiere: vergleichend-anatomischer Beitrag zur Systematik der rezenten Ungulata.Knottnerus-Meyer, R. (1907):Über das Tränenbein der Huftiere: vergleichend-anatomischer Beitrag zur Systematik der rezenten Ungulata.

Especies Na actualidade, a tribo dos boselafinos inclúe tan só dous xéneros con cadansúa especie:Bovinae en Wilson & Reeder (2005): Mammals Species of the World.

Tribo Boselaphini Xénero Boselaphus Boselaphus tragocamelus - nilgó Xénero Tetracerus Tetracerus quadricornis - antílope de catro cornos.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Colin Groves & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 1-4214-0093-6. Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Bóvidos Bovinos

Ligazóns externas Tribe Boselaphini Knottnerus-Meyer 1907

Categoría:Bovinos