O picadoDenominación en galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega é unha bebida refrescante composta por xeo picado moi miúdo ao que se lle engade algunha esencia, zume de froitas, xarope ou bebida alcohólicaProposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. que pode vir en diversas cores e sabores.
Historia Na década de 1850 a revolución industrial americana fixo que o xeo estivese comercialmente dispoñíbel. Algunhas casa de xeo en Nova York adoitaban vender xeo para lugares como a Florida. Para transportar o produto, as casas de xeo enviaban un vagón cun enorme bloeque de xeo. A ruta a Florida pasaba por Baltimore, onde os nenos corrían até o vagón na procura dunha pequena raspadura de xeo. Pouco tempo despois, as nais fixeron aromatizantes para que os fillos botasen no xeo. O primeiro sabor que fixeron tornouse moi popular e o favorito en Baltimore: a crema de ovos. A crema de ovos era un sabor doado de facer, só con ovos, vainilla e azucre.Gienow, Michelle. “Cold Comfort: On the Cultural Significance of the Snowball in Baltimore ” City Paper. September 18, 1996. Retrieved January 20, 2011.
Características Comercializábanse as máis das veces por vendedores ambulantes, que levaban un bloque de xeo nun carriño. Hoxe tamén hai postos comerciais establecidos.
A súa preparación é bastante sinxela. Utilízase unha máquina manual para picar o xeo, aínda que outros vendedores utilizan un cepillo de ferro para esmagalo.
Ao xeo esnaquizado ou relado engádaselle o xarope do sabor a elixir, sendo os máis populares amorodo, laranxa, lima e limón, mais pódense atopar xaropes de diversos sabores (cola, chile, framboesa etc). O xeo métese nunha máquina que remexe e que non deixa de dar voltas cunhas aspas para manter o produto solto e a baixa temperatura. A bebida sérvese nun vaso polo xeral de plástico. É común nos días de calor no verán, en praias e parques de atraccións.
Notas
Categoría:Sobremesas Categoría:Doces Categoría:Lambetadas