Luis María Juan José Wenceslao Zamora Carrete, nado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1848 e finado na mesma cidade o 1 de agosto de 1918, foi un profesor universitario, xornalista e escritor galego.
Traxectoria Foi fillo do avogado e catedrático da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela Pablo Zamora Marcos e de Rita Carrete Pardo, a irmá do xeneral carlista Ramón Carrete-de Losada Pardo, e irmán de Felisa Zamora Carrete, que casou co catedrático de Farmacia da mesma universidade Sandalio González Blanco.
Foi catedrático de Dereito natural e Procedementos e prácticas xurídicas na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu El Eco del Miño, colaborou en La Concordia, El Porvenir e La Integridad. Traduciu e publicou en folleto unha obra do Vizconde de la FiganiereHoja Oficial del Lunes, 17-3-1975, p. 2.. Foi xefe provincial carlista.
En 1905 deu o discurso de apertura do curso universitario 1905-1906 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de "Consideraciones sobre la prescripción legislativa que a la letra dice: «La declaración de corcurso incapacita al concursado para la administración de sus bienes y para cualquiera outra que por ley le corresponda»".
Vida persoal Casou con Elisa Pérez Hermida, coa que tivo cinco fillos: Leonor, Pablo (delegado de Facenda en Pontevedra), Rafaela, José Antonio (farmacéutico) e Luis Zamora Hermida (médico).
Notas
Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1918