The Smiths é o álbum de estrea da banda inglesa de rock alternativo The Smiths, publicado o 20 de febreiro de 1984. Tras sentir que a produción orixinal de Troy Tate era inaxeitada, John Porter volveu gravar o traballo en Londres e Manchester nos descansos da xira británica de setembro de 1983.

O álbum foi ben recibido pola crítica e polo público, e estableceu a The Smiths como unha banda importante na escena británica dos anos 80. O disco acadou o número 2 da lista británica de álbums, estando na mesma durante 33 semanas. A álbum tamén foi un éxito internacional, chegando ao número 45 da European Albums Chart,"European Hot 100 Albums Chart". Music & Media. 19 March 1984. p. 17 estando na lista 21 semanas."European Hot 100 Albums Chart". Music & Media. 13 August 1984. p. 12 Tras saír desta, entrou na lista Hot 100 Albums en setembro onde estivo tres semanas."European Hot 100 Albums Chart". Music & Media. 24 September 1984. p. 14

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The Smiths Categoría:Álbums musicais de 1984 Categoría:Álbums producidos por John Porter Categoría:Álbums de Rough Trade Records Categoría:Álbums de Sire Records Categoría:Álbums de estrea