O Agro é unha aldea da parroquia de Baredo, en Baiona, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no ano 2015, tiña 54 habitantes (23 mulleres e 31 homes).
En xullo do 2016, houbo un incendio que se aproximou ás casas.
Ó igual que na maioría de lugares de Baredo, as casas están construídas sobre antigos terreos de cultivo.
Debe o seu nome ó espazo chan drenado polo regato das Tres Regueiras, empregado para a agricultura (agro).
Lugares e parroquias Lugares de Baredo
Parroquias de Baiona
Categoría:Lugares de Baiona