Red Dawn é un filme estadounidense dirixido por Dan Bradley que se estreou no 2012. O guión, obra de Carl Ellsworth e Jeremy Passmore, baséase no do filme homónimo de 1984. Está protagonizado por Chris Hemsworth, Josh Peck, Josh Hutcherson, Adrianne Palicki, Isabel Lucas e Jeffrey Dean Morgan. O filme céntrase nun grupo de mozos que defende a súa vila dunha invasión de Corea do Norte.

Sinopse Historia dos irmáns Jed e Matt Eckert, quen xunto cos seus amigos, deciden armar un grupo de resistencia fronte a unha invasión norcoreana nos Estados Unidos que avanza sobre a rexión onde eles se atopan e que comeza a estenderse por todo o país. Así, os "Wolverines" (como se fan chamar) comezan a loitar contra os norcoreanos e axiña mobilizan ó resto do país.

Personaxes

Chris Hemsworth como Jed Eckert Josh Peck como Matt Eckert Josh Hutcherson como Robert Kitner Adrianne Palicki como Toni Walsh Isabel Lucas como Erica Martin Connor Cruise como Daryl Jenkins Jeffrey Dean Morgan como Sarxento Andrew Tanner Kenneth Choi como Cabo Smith Edwin Hodge como Danny Jackson Brett Cullen como Tom Eckert Alyssa Diaz como Julie Goodyear Julian Alcaraz como Greg Goodyear Michael Beach como Alcalde Jenkins Will Yun Lee como Capitán Cho Matt Gerald como Sarxento Hodges Steve Lenz como Pete Mark Schlereth como Adestrador Dolen

Galardóns e nomeamentos 2012: Premios Razzie: Nomeada a peor precuela, remake, copia ou secuela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de guerra dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de FilmDistrict Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes rodados en Míchigan