Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüísticoEnciclopedia de nacións sen estado que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade)Ethnologue. e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán. Os galegos están estreitamente relacionados co pobo portugués.
Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX.Spain - Player of the Century, rsssf.com, consultado el 4 de marzo de 2010 Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl AlfonsínRibadumia rinde homenaje a Alfonsín La Voz de Galicia 1 de abril de 2009 e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.
A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.
Etimoloxía do etnónimo miniatura|esquerda|Pedras gravadas da cultura castrexa. O etnónimo galegos deriva do latín Gallaeci ou Callaeci, que é unha adaptación do nome local dunha tribo celta, s.v. Callaeci. coñecida polos gregos como Καλλαικoί (Kallaikoí), que viviu no norte da actual Portugal e que foi conquistada polo xeneral romano Décimo Xunio Bruto Galaico no século II a. C. Os romanos aplicarían este nome para todas as tribos que compartían a mesma cultura, a cultura castrexa, e a lingua galaica, falada dende o río Douro polo sur até o mar Cantábrico polo norte, e ó oeste do río Navia. Iso abranguía tribos como os ártabros, os lemavos e os albións.
A inscrición máis antiga coñecida que se refire aos galaicos (que di Ἔθνο[υς] Καλλαικῶ[ν], "xente dos galaicos") atopouse en 1981 no Sebasteion de Afrodisias, Turquía; un monumento triunfal ao emperador romano Augusto menciónaos entre outros 15 pobos que conquistou.
A etimoloxía do nome foi estudada dende o século VII por autores como Isidoro de Sevilla, que escribiu que os "galegos son chamados así, por mor da súa pel clara, coma os galos", relacionando o nome coa verba grega para o leite γάλα (gála). Porén, hoxe en día os estudosos como J.J. Moralejo e Carlos Búa derivan o nome Callaeci do protoindoeuropeo *kal-n-eH2 'outeiro', que xunto co sufixo local -aik- significaría 'os montañeses'; ou do protocelta *kallī- 'bosque', significando 'xente do bosque'.Curchin, Leonard A. (2008) Estudios GallegosThe toponyms of the Roman Galicia: New Study. Cuadernos de Estudios Gallegos LV (121): 111.
Outra proposta recente provén do lingüista Francesco Benozzo, que non está especializado en linguas celtas e identificou a raíz gall- / kall- en varias palabras celtas co significado de "pedra" ou "rocha", do seguinte xeito: gall (irlandés antigo), gal (galés medio), gailleichan (escocés), galagh (manx) e gall (galo). Polo tanto, Benozzo explica o nome Callaecia e o seu etnónimo Callaeci como "a xente da pedra" ("os que traballan con pedras"), en referencia aos antigos megálitos e formacións de pedra que son tan comúns en Galicia e Portugal.Benozzo, F. (2018) Uma paisagem atlântica pré-histórica. Etnogénese e etno-filologia paleo-mesolítica das tradições galega e portuguesa, in proceedings of Jornadas das Letras Galego-Portuguesas 2015–2017, DTS, Università di Bologna and Academia Galega da Língua Portuguesa, pp. 159-170. Os especialistas en linguas celtas non consideran que exista unha hipotética raíz gala gall que signifique "pedra" ou "rocha", senón galiā "forza" (> francés gaill-ard "forte"), relacionada co irlandés antigo gal "furia frenética, furia bélica", co galés gallu e co bretón galloud "poder".Pierre-Yves Lambert, Histoire de la langue gauloise, éditions Errance, 1994, p. 99 - 194 É distinto do galo *cal(l)io- "pezuño" ou "testículo",LAMBERT 191Xavier Delamarre, Dictionnaire de la langue gauloise, Errance, 2003, p. 98-99 relacionado co galés caill, co bretón kell "testículo" (> galo *caliavo > francés antigo chaillou, francés caillou),DELAMARRE 98 - 99 e todas elas da raíz protoindoeuropeo *kal- "dureza" ou "dura" (quizais a través do sufixo de grao cero *kl̥H-no-(m)). Por exemplo, en latín callum tamén se atopa "substancia dura ou grosa" polo que tanto E. Rivas como Juan J. Moralejo relacionan o topónimo Gallaecia / Callaecia coa palabra latina callus.Fernando Cabeza Quiles, Toponimia de Galicia, Editorial Galaxia, 2008, p. 301 - 302 - 303 (read online in Galician)
Orixe
Xenética thumb|Representación do pobo galego por Francisco Asorey no monumento a Curros Enríquez na Coruña. A frecuencia do haplogrupo R1b do cromosoma Y (o haplogrupo máis común en Europa) é superior nas poboacións da Europa atlántica e a súa incidencia é destacable en Galicia, así como en Asturias, León, Cantabria e País Vasco, e en moitas das rexións celtas, como Cumbria e Cornualla en Inglaterra, a rexión norte de Portugal (Douro Litoral, Minho e Trás-os-Montes e Alto Douro), o oeste de Francia e na Bretaña, e os países celtas de Irlanda, Gales e Escocia. A incidencia do R1b mingua gradualmente a maior distancia destas áreas pero segue a ser común nas áreas centrais de Europa. Isto levou a investigadores como Stephen Oppenheimer e Bryan Sykes a considerar que a maioría da poboación irlandesa descende principalmente dun "refuxio ibérico" anterior á última glaciación.Stephen Oppenheimer, The Origins of the British – A Genetic Detective Story, 2006, Constable and Robinson, ISBN 1-84529-158-1
A nivel de diferenciación xenética, as poboación de Galicia, especialmente as situadas no suroeste de Galicia, son as que máis se diferencian das do resto de España. Ademais, xeneticamente, os portugueses son os que máis estreitamente están relacionados cos galegos, cun patrón que se estende de norte a sur ó igual que a Reconquista cristiá da Península Ibérica. Ademais, a subestrutura xenética analizada máis forte do mundo atópase en Galicia, e máis concentrada dentro dunha única provincia, a de Pontevedra, que contén case a metade dos clusters inferidos en toda España. Esta estrutura "ultra-fina" amósase en escalas de menos de 10 km, sendo definidos polos accidentes xeográficos, como os outeiros ou vales dos ríos.
Por outra banda, as maiores cantidades de ascendencia norteafricana atopadas dentro da Península Ibérica atópanse no oeste (11%) incluíndo en Galicia, malia que o dominio musulmán foi moi breve e os asentamentos bérberes ó norte do río Douro foron abandonados en 741. Especúlase se estes patróns se deben á expulsión dos mouriscos ordenada polo rei Filipe III que foi especialmente efectiva no sueste de España, pero que puido provocar unha migración cara a outras zonas da Península.
Demografía
Relixión miniatura|dereita|Réplica do Crismón de Quiroga do século V, considerado unha das representacións máis antigas do cristianismo en Galicia. Os galegos son un pobo de crenzas cristiás. Segundo o Barómetro Autonómico publicado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas no 2012, a maioría dos galegos son católicos, representando o 82,2% do total da poboación residente en Galicia.BARÓMETRO AUTONÓMICO (III). GALICIA Centro de Investigaciones Sociológicas, 13/09/2012 . Agnósticos (non crentes) e ateos representan o 9,1% e o 7,5% respectivamente.
Emigración e diáspora
miniatura|250px|Mapa da diáspora galega no mundo. Durante os séculos XIX e XX, a historia do pobo galego viuse moi afectada pola emigración, principalmente cara a outras partes de España, de Europa e cara ó continente americano. Daquela, a sociedade galega quedou illada do proceso de industrialización e as súas principais fontes de riqueza eran a agricultura e a pesca de subsistencia. O desenvolvemento agrícola estaba moi atrasado, e a produtividade das explotacións viuse gravemente obstaculizada polo minifundismo. O minifundio é o resultado da herdanza que distribúe as terras nun sistema de explotación rural, e cunha poboación cada vez maior, que esixe que as terras sexan repartidas en parte iguais a cada descendente. A propiedade da terra estaba tan dividida que a maioría das parcelas eran demasiado pequenas para soster a unha familia ou para ser economicamente viables. Os ricos mares de Galicia e a industria pesqueira achegaron unha alternativa á agricultura.
miniatura|esquerda|250px|Colectividade galega en Buenos Aires no Día do Inmigrante de 2010. Por estas razóns, Galicia era un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder. Houbo unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, no Reino Unido.
América do Sur ten o meirande número de descendentes de galegos fóra de España. Varios millóns de persoas en América do Sur son descendentes de inmigrantes galegos, a maioría na Arxentina, Venezuela e o Brasil. No Brasil, especialmente no nordeste, a xente cunha complexión delgada, de ollos azuis ou claros e de pelo claro son chamados galegos, mesmo sen ser descendentes reais, xa que un gran número de galegos se asentou nesa rexión a comezos do século XX.
En Centroamérica, o caso máis particular foi O Salvador, que desde a época colonial a inmigración galega foi moi importante e os galegos sempre representaron ao grupo de españois que máis emigraron á nación, despois da independencia chegou unha gran cantidade de galegos.
Arxentina