For Respect é o álbum de estrea da banda estadounidense de math rock Don Caballero, publicado o 10 de outubro de 1993 a través do selo Touch and Go Records.Earles, Andrew (15 de setembro de 2014). Gimme Indie Rock: 500 Essential American Underground Rock Albums 1981-1996. Voyageur Press. ISBN 9780760346488

Aínda que Ian Williams está acreditado na guitarra neste traballo, realmente uniuse á banda pouco antes da gravación do disco e tivo pouca influencia creativa no mesmo. Como resultado, este álbum e moito menos complexo que os traballos posteriores de Don Caballero. Nunha entrevista do 2006 para o e-zine Space City Rock, Damon Che revelou que tocou a guitarra nalgunhas cancións de Don Caballero, incluída "Well Built Road".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Don Caballero Categoría:Álbums musicais de 1993 Categoría:Álbums de Touch and Go Records Categoría:Álbums de estrea