A talina 1 (TLN1) é unha proteína que nos humanos está codificada no xene TLN1 do cromosoma 9. Outra proteína da familia da talina con dominios similares é a talina 2.

Este xene codifica unha proteína citoesquelética que está concentrada en áreas de contacto célula-substrato ou célula-célula. Esta proteína xoga un significativo papel na ensamblaxe dos filamentos de actina e na dispersión e migración de varios tipos celulares, incluíndo os fibroblastos e osteoclastos. Codistribúese coas integrinas na superficie da membrana da célula para colaborar na unión de células adherentes ás matrices extracelulares e de linfocitos a outras células. O dominio N-terminal desta proteína contén elementos para a localización de unións célula-matriz extracelular. O dominio C-terminal contén sitios de unión para proteínas como a integrina beta-1, actina, e vinculina.

Interaccións A TLN1 interacciona con PTK2, coa paxilina e co CD61.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Talina TLN2

Bibliografía

Categoría:Proteínas de membrana