A península de Santa Marta atópase na parroquia de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona.
Historia miniatura|Capela de Santa Marta. Consérvanse petróglifos do neolítico e restos dun poboado castrexo da idade de ferro. No século XV construíuse unha ermida de estilo románico, que foi posteriormente reformada. No ano 1585 desembarcou na península o pirata Francis Drake coa intención de conquistar Monterreal, e incendiou a capela.
Xeografía miniatura|Praia de Santa Marta. A península atópase entre o porto de Baiona e a frecha litoral da Ladeira. Comprende unha praia con Bandeira Azul chamada Areal de Santo Estevo, aínda que comunmente se lle chama Praia de Santa Marta.
Festas na honra de Santa Marta Todos os anos se festexa a romaría de Santa Marta o día 15 de agosto. Conta cunha novena e cunha procesión con moitos devotos na zona polos seus milagres.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Castro de Santa Marta
Categoría:Xeografía de Baiona Categoría:Penínsulas de Galicia