A península de Monterreal ou de Monteboi é un promontorio natural situado na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra. miniatura|300px|A península de Monterreal ou de Monte do Boi.

Historia Coñécese dende hai máis de 2.000 anos como recinto amurallado. Habitaron aquí celtas, fenicios e romanos, os cales foron moitas veces atacados. Existen tamén restos dun castro. Antigamente asentouse aquí a vila de Baiona, por privilexio outorgado polos Reis Católicos para defenderse das incursións corsarias. Outro privilexio foi o cambio de nome: de Monteboi a Monterreal; dándolle así máis importancia.

Xeografía A península ocupa unha extensión de 18 hectáreas rodeadas de 3 km. As murallas datan de entre os séculos XI e XVII. Na península hai catro praias: Cuncheira, Os Frades, Barbeira e A Ribeira.

Parador "Conde de Gondomar-Baiona"

O recinto converteuse en residencia de gobernadores, como o Conde de Gondomar. Despois de pasar a mans privadas o Ministerio de Información e Turismo mercou o terreo e construíu o Parador "Conde de Gondomar".

Muralla A muralla mantén as tres torres dende as que se vixiaba a fortaleza. Na entrada está a torre do Reloxo ; ó leste érguese a torre da Tenaza e na parte oriental da fortaleza, sobre a baía de Baiona, atópase a torre do Príncipe. Esta última ten tres escudos (dos Austrias, dos Soutomaior e o de Baiona). Debe o seu nome ó príncipe portugués Afonso Enriques que estivo retido nesa torre.

Notas

Véxase tamén Bibliografía e (2013). Monterreal de Baiona. Transformaciones de un monumento 55,63 MB ISBN 9788497495790.

Categoría:Penínsulas de Galicia Categoría:Xeografía de Baiona