A Ramallosa é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA). Atópase na desembocadura do río Miñor, entre as parroquias de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona) e San Pedro da Ramallosa (Nigrán).

Xeografía Limitado ao noroeste polo Monte Lourido e ao sur pola península de Santa Marta, o espazo ocupa o esteiro do río Miñor, case pechado pola frecha litoral da Ladeira. Ademais, tamén conflúen os ríos da Groba e Guillade.

Flora e fauna Nestas marismas, atópanse multitudes de especies, principalmente aves zancudas como, por exemplo, garzas. A zona é de grande afluencia marisqueira e tamén turística. Dende o Observatorio "Foz do Miñor" de Sabarís pode divisarse a fauna e a flora.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Baía de Baiona Praia da Ladeira

A Ramallosa Categoría:Xeografía de Baiona