Eduardo Nogueira Pereira, nado en Santiago de Compostela (no antigo Concello de Conxo) o 3 de xuño de 1897Escuela Normal de Maestros de Santiago. Matrículas para los cursos de 1906 a 1907 hasta de 1919 a 1920 (AHUS, A.2861; p.33v), que informa da data exacta de nacemento e o lugar.Índice por orden alfabético de apellidos, del padrón general de habitantes formado el 31 de Diciembre de 1910, y apéndices de los siguientes años, 1911, 1912 (Arquivo Histórico Universitario de Santiago-AHUS). O 31-12-1910, data na que se fai o padrón, Eduardo conta con 14 anos., foi un mestre e pedagogo galego, que a comezos do século XX tamén exerceu de toureiro durante uns anos baixo o alcume artístico de «El Lavadito».
Familia e formación académica Eduardo Nogueira foi fillo de Constantino Nogueira Sardina e Carmen Pereira Suárez. Constantino e Carmen tiveron dez fillos entre 1890 e 1909: José, Carmen, Luis, Eduardo, Constantino, Constantina, Manuel, Rosario, María Concepción e Alfredo. O seu pai foi dono do Café Iberia (no número 12 da Rúa do Vilar, en Santiago) e Xefe de Consumos de Santiago, e ademais fundador do Partido Republicano Radical en Compostela. A súa infancia pasouna na casa familiar no número 31 da Rúa do Pombal.
Na súa xuventude estivo integrado nas seccións de exploradores compostelánsGaceta de Galicia, 17-6-1914, p. 1.El Eco de Santiago, 8-8-1914, p. 2. (equivalente galega dos Boy-Scouts), dirixidas polo profesor Adolfo Revuelta, introdutor do fútbol en Compostela. Tamén consta a súa participación nunha proba ciclista co gallo da Exposición Rexional de 1909 na que acadou o segundo premioGaceta de Galicia, 29-7-1914, p. 2.O premio era unha moeda de ouro de 25 pesetas..
En 1914 deu comezo aos seus estudos na Escola Normal de Santiago de CompostelaO seu irmán maior, Manuel, era mestre (ata 1910 exerceu na Peregrina e desde febreiro deste ano ata 1917 na escola de Amio, en Compostela) e o seu irmán Luis estudaba para selo nese intre, polo que é posible que foran as súas referencias no momento de decidirse a elixir a súa profesión., contando entre os seus compañeiros de estudos co futuro político Ramiro Sabell Mosquera. Ao ano seguinte formou parte como vogal dunha comisión de homenaxe ao profesor Vicente Fraiz AndónEl Noticiero Gallego, 4-11-1915, p. 2.El Eco de Santiago, 30-11-1915, p. 2. o que dá conta dun incipiente interese en integrarse en organizacións e estruturas de diferente tipoloxía, actitude tan presente na súa familia (como pode verse co seu pai ou co seu tío Gabriel). Nestes anos deu comezo nel unha certa afección polo teatro, que logo desenvolvería no seu traballo nas escolas de nenos. Así, en 1916 formou parte do grupo de afeccionados Brisas Futuras, que participaron con éxito nunha representación benéfica no Teatro Principal o 28 de outubroDiario de Galicia, 29-10-1916, p. 1.O grupo teatral Brisas Futuras estaba composto, entre outros, polas súas irmás Constantina e Concepción (Conchita), os irmáns Soledad, José e Enrique Villaverde, Jesús Posse García, Gabriel Sánchez, Valentín C. Vázquez, Ramón Cobas, José Iglesias (quizais un dos compañeiros de estudos na Normal), Manuel Dopico e José Torreira Meijide., entre outros moitos lugares. Eduardo Nogueira rematou os seus estudos para mestre en 1918, cun expediente irregular, aínda que sen ter que precisar máis dos catro anos nos que se artellaba daquela a carreiraEscuela Normal de Maestros de Santiago. Matrículas para los cursos de 1906 a 1907 hasta de 1919 a 1920 (AHUS, A.2861; p.55v). Cursou o 4º curso 1917-18 co número de orde 127.O título chegou á Escola Normal en xuño de 1923 (El Progreso, 22-6-1923, p. 2)..
Formación na tauromaquia: o ano 1916 Polo menos desde principios de 1916, Eduardo Nogueira e outros cinco rapaces formaron unha cuadrilla que practicaba coas vacas nun curral da Ponte de San Lázaro. A súa primeira vinculación pública á tauromaquia non é exactamente unha actuación relacionada con ela, senón máis ben unha manifestación xocosa que demostraba unha afección. Nos Entroidos composteláns de 1916 estes seis rapaces quixeron mostrar as súas ambicións montando unha comparsa á que chamaron Niños de Compostela, presentándose cos alcumes de «Larguito», «Filloítas», «Frutitos», «Paragüitas», «Varillas» e «Labadito» (con b neste primeiro experimento, sobrenome debido á brancura do seu cute)Gaceta de Galicia, 4-3-1916, p. 2.. Deles só se coñecen as identidades de Nogueira Pereira e do alcumado «Varillas»: Jacobo Rey González (tamén coñecido como Jacobo Paredes Rey por ser fillo adoptivo e sucesor do impresor compostelán José María Paredes), que precisamente eran dentro da cuadrilla os seus "mestres toureiros".
Na veciña vila de Padrón, do mesmo xeito que pasou durante longo tempo en Santiago, houbo varios intentos de levantar unha praza de touros, elemento que prestixiaba as poboacións que contaban con el. Un grupo de investidores privados acadaron finalmente os permisos e os cartos necesarios para acometer a súa construción coa intención de inauguralo na Semana Santa de 1916. A estrea da arena íase producir o Domingo de Pascua, o 23 de abril, dando cabida no recinto a unhas catro mil persoasGaceta de Galicia, 22-4-1916, p. 2.. Para iso programáronse dúas novilladas con xovencos da gandería salmantina de Antonio L. Clairac para os días 23 e 24, no que cada día íanse dar conta de tres novelos. Para este acontecemento contouse coa actuación dunhas cuadrillas de afeccionados andaluces e estremeños, estudantes da Universidade de Santiago de Compostela ao igual que os seus subalternos, moitos galegos. As cuadrillas levaban os nomes de Cuadrilla de Pontevedra, Cuadrilla de Vilagarcía (liderada por Pascual Cervera, fillo do Comandante de Mariña de Vilagarcía) e Escolar Compostelana (liderada por Francisco Álvarez «Pachín», alumno de Medicina) e, polo tanto, programáronse trens extraordinarios para o público desde as tres cidadesEl Diario de Pontevedra, 6-4-1916, p. 2.. Neste momento, o xornal compostelán Gaceta de Galicia, lembrando a recente presentación en sociedade dos xoves aspirantes a toureiros, fíxolles un chamamento para que tratasen de conseguir unha contrata na tourada"E «Varillas» e «Labadito», os dous «toureiros» santiagueses que fan que non buscan contrata?"Gaceta de Galicia, 21-3-1916, p. 3.. Tres días despois publicouse a contratación do «Varillas» para a corridaGaceta de Galicia, 24-3-1916, p. 3., e aínda que nada se di de «Lavadito» posiblemente a súa inscrición tamén se produciu nese momento. Os afeccionados composteláns tíñanse que integrar nalgunha cuadrilla, pero durante o mes seguinte non houbo noticias do seu encadramento. É previsible, polo tanto, pensar que seguiron a súa preparación ao carón da denominada Escolar Compostelana, coa que deberon posar na fotografía de grupo tomada nunha arena de Padrón aínda en construción, que foi exposta no negocio dos López, El Sol (na compostelá Rúa das Orfas) poucos días antes do eventoEl Correo de Galicia, 19-4-1916, p. 3.. De súpeto a Cuadrilla de Pontevedra desapareceu do programa, sendo substituída por outra na que o matador previsto foi o alumno de Farmacia Ladislao Navarro «Potito» e na que se integraron os dous compostelánsGaceta de Galicia, 22-4-1916, pp. 2 e 3..
Chegado o día 23, deu comezo a corrida cunha expectación máxima, ata o punto de superarse a capacidade máxima prevista ao concentrarse unhas cinco mil persoas"Ben desquitáronse dos temores sufridos, pois con exceso venderon as entradas e localidades, non habendo un sitio baleiro en toda a praza. Gracias que tal ambición da empresa non produciu desgrazas por que [sic], ante tanta aglomeración de xente, era de temer un afundimento, do que ninguén tratou de preocuparse, pois nin o Concello da referida vila tivo na corrida representación algunha" (Gaceta de Galicia, 24-4-1916, p. 3)., a metade compostelás, aínda que tamén veu xente desde Vigo, Pontevedra, Noia, Pontecesures, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa. Pese a algún altercado, debido á aglomeración e a escaseza de números da Garda Civil, e a ausencia de presidencia na praza por serlle imposible o acceso ata a lida do derradeiro touro, a corrida deu comezo. Porén, a ansiedade de boa parte do público e dos membros das cuadrillas fixeron do espectáculo unha pantomima, contabilizándose ata doce banderilleiros para o primeiro xovenco, entre os previstos e os espontáneos. A morte deste foi unha "desfeita""Na nosa vida toda non vimos cousa semellante; furoulle a barriga sete ou oito veces, e para acabar con el foi necesario que o collesen dos cornos e así meterlle a puntilla" [en galego no orixinal]. Ao chegar o novelo da cuadrilla do «Lavadito», o público estaba máis contento co resultado da lida do segundo da tarde, que resultou moito mellor. Pero, o matador Navarro levou adiante unha actuación regular e, ao dicir da crónica, «Varillas» e «Lavadito» "non quedaron ben parados""Teñen tamén que desenganarse de que ese non é o camiño por onde deben encarreirar as súas actividades" (Gaceta de Galicia, 24-4-1916, p. 3).<ref>El Eco de Santiago, 24-4-1916, p. 2. Non obstante, esta crónica subliñou o éxito da convocatoria.</ref>. Desta corrida e da do día seguinte semella que o fotógrafo Ksado fixo un feixe de fotografías que puxo á venda no seu comercio da Rúa do VilarGaceta de Galicia, 26-4-1916, p. 3.. Nos seguintes días, e co gallo da nova da Coruña sobre a constitución dunha cuadrilla local, a mesma Gaceta de Galicia animounos a facer o propio e crear outra compostelá, aínda que cunha certa retranca dado o pobre resultado da novilladaGaceta de Galicia, 2-5-1916, p. 3..
Ao pouco Nogueira e Rey encadráronse na nova cuadrilla dun espada galego de alcume «Celita Chico»Respondía ás iniciais J.M.F. Por tanto, non hai que confundilo co coruñés Alfredo Esparza, que empregou este alcume desde 1910 a 1914, mudándoo logo polo de «Lizarito». Por outra banda, o alcume de «Celita Chico» foi moi empregado en Galicia por outros toureiros despois, coma José Gil (nos anos 30) e José Luis Adelino (nos 50).Gaceta de Galicia, 26-5-1916, p. 2.. Nesta compaña, e actuando como banderilleiro, Nogueira participou na estrea da praza de touros de Arzúa no día das Festas do Corpus, o 22 de xuño, con xovencos salmantinos da gandería de Buenabarba, de Andrés SánchezEl Correo Gallego, 31-5-2010, artigo de Armando Cascón.A arena instalouse "na horta de Sánchez, ao carón da Rúa da Milagrosa". Viñeron autobuses desde Santiago, Curtis, Melide, Lalín e Vila de Cruces.. Desta novillada non chegaron novas ata os nosos días, pero non debeu de desgustar moito porque enseguida programouse outra para o 16 de xullo no mesmo lugar e cos mesmos protagonistas (cuadrillas e gandería). Non obstante, a lida non puido celebrarse no último momento por unha folga ferroviariaDiario de Galicia, 27-7-1916, p. 3.. Como queira que os novelos non podían quedar sen lidar, empregáronse estes para a becerrada que se celebrou en Santiago o día 30 de xullo, no que, de novo, figurou o «Lavadito». Presidiron o festexo o concelleiro de Santiago Baldomero Concejo Punín e o membro da Liga de Amigos de Santiago Abelardo Nieto Núñez. Porén, tampouco nesta ocasión convenceu a súa actuación á crítica da época, que cualificou o espectáculo de "xolda"Gaceta de Galicia, 1-8-1916, p. 2. recriminándolle pórlle a monteira na caluga a un boi manso que tivo que ser devolto aos curraisEl Correo de Galicia, 31-7-1916, p. 4.El Eco de Santiago, 31-7-1916, p. 2..
Nogueira obtivo dous novos contratos para participar en sendas lidas os días 8 de outubro en Santiago e 15 de outubro en Padrón, malia que finalmente foron suspendidas por non contar coa autorización do gobernador civilGaceta de Galicia, 5-8-1916, p. 2.El Correo de Galicia, 3-10-1916, p. 2.. Así rematou o ano, sen outras actuacións, resumindo este período formativo con tres becerradas de pouco lustre.
Un ano de tránsito: 1917