En medicina e estatística, o termo gold standard (literalmente, estándar de ouro) ou proba de referencia emprégase para se referir á mellor proba de diagnóstico dispoñíbel en condicións razonábeis. Non ten por que ser necesariamente a proba máis efectiva. Por exemplo, en medicina, unha autopsia pode ser a mellor proba para ter un diagnóstico exacto. Neste caso, a proba de referencia é menos precisa que a autopsia.
Notas
Categoría:Medicina