José Benigno Rey Rodríguez, coñecido como Pepe Rei, nado na Barca de Barbantes (Cenlle) o 13 de abril de 1947 e finado en Donostia o 9 de marzo de 2021, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Traballou en El Pueblo Gallego. Marchou a Asturias onde casou con 22 anos, e comezou a colaborar na prensa asturiana. Participou na fundación do semanario Occidente. Despois por Odiel de Huelva, Diario Madrid da capital española e, co título oficial de xornalista, recalou en La Voz de España de Donostia, Hoja del Lunes, La Voz de Euskadi e na revista Interviú. En 1988 incorporouse ao diario Egin, vinculado á esquerda abertzale nos anos 90, onde chegou a ser redactor xefe e impulsou o seu equipo de investigación.
En 1994, a Ertzaintza rexistrou a sede de Egin, incautando material informático do equipo de investigación. Ese mesmo ano atopáronse coincidencias entre os ficheiros das investigacións do equipo de Rei e a información sobre obxectivos incautada a ETA. En agosto, Pepe Rei foi detido por orde do xuíz Carlos Bueren, acusado de proporcionar esta información ao grupo terrorista, pero foi absolto en 1997.
En 1998, o xuíz Baltasar Garzón ordenou o peche cautelar de Egin. Rei continuou o seu traballo na revista mensual Ardi Beltza, pero foi detido de novo en 1999 e en 2001, e a revista foi pechada por orde xudicial. Pepe Rei atribuíu as súas detencións á expresión das súas opinións, mentres que a policía seguiu considerándoo un colaborador do aparato de investigación de ETA, aínda que nunca se chegou a probar este extremo.Pepe Rei: «Estar procesado es la factura por oponerme al pensamiento único» , Gara, 7 de febreiro de 2002.
O 13 de xuño de 2001, a Sección IV da Sala do Penal da Audiencia Nacional decidiu poñer en liberdade a Pepe Rei, logo de ter pasado cinco meses en prisión. Os maxistrados consideraron que non había elementos que imputaran e probasen que, co seu traballo en Ardi Beltza, Rei sinalase ou marcase os obxectivos de ETA. O fallo contaba co voto particular do maxistrado Juan José López Ortega, relator da resolución, e co do presidente da Sección IV, Carlos Cezón, que argumentaban que o procesado debía saír do cárcere por motivos de saúde, dado que padecía unha lesión cardíaca grave e que non existían indicios delituosos suficientes contra el. Igualmente, o maxistrado Carlos Ollero Butler formulaba un voto particular no que mostraba o seu acordo coa excarceración de Rei só por motivos de saúde.
Foi condenado por calumnias xunto a outros dous xornalistas da revista Ardi Beltza,Condenados por calumnias dos periodistas de 'Ardi Beltza', El País, 17 de xaneiro de 2007. polo que tivo que pagar 5 millóns de pesetas como indemnización ao xeneral Enrique Rodríguez Galindo.El periodista Pepe Rei, condenado a indemnizar a Rodríguez Galindo, El Mundo, 18 de outubro de 2000.
En agosto de 2002 sufriu un grave accidente de circulación que o apartou da súa profesión.El periodista Pepe Rei, herido grave al volcar el coche que conducía, El País, 21 de agosto de 2002. En xaneiro de 2013 creouse unha asociación cultural sen ánimo de lucro no seu nome para fomentar o xornalismo de investigación e de denuncia.La asociación cultural Pepe Rei impulsará el periodismo de investigación y de denuncia , Naiz, 18 de xaneiro de 2013.
Obras Investigación El caso Reace (Dopesa, 1974). Alcalá 20-N (coa xornalista Edurne San Martín, 1996). Relata os feitos acaecidos no atentado onde faleceu o deputado electo por Herri Batasuna, Josu Muguruza e resultou ferido grave Iñaki Esnaola. Intxaurrondo. La trama verde (1996). Sobre o cuartel da Garda Civil de Intxaurrondo. Colegas (1998). Egin Investigación. Otra forma de periodismo (1998). Sobre a súa etapa no desaparecido diario Egin. Garzón. La otra cara (1999). Sobre o xuíz Baltasar Garzón. El periodista canalla (2001). Sobre a prensa en España.
Novela La cloaca vasca (1991). La red Galindo (1993). Sobre Enrique Rodríguez Galindo. El Jesuita (1994). Sobre Xabier Arzalluz. Carabanchel (1995). Sobre unha dás súas estadías en prisión.
Tamén editou o libro Un rey golpe a golpe, escrito por Rebeca Quintáns baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo, unha dura crítica á monarquía onde acusa o rei de España de orquestrar e manexar a intentona golpista do 23 de febreiro de 1981.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas www.peperei.com "Pepe Rei: así naceu o xornalismo de investigación en Galicia" , artigo de Xosé Henrique Acuña en Biosbardia, 4 de novembro de 2014.
Categoría:Xornalistas de Cenlle Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Cenlle Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2021