Germán Caamaño Solar, nado en Negreira en 1885 e finado en Santiago de Compostela en 1976, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Caamaño García e Manuela Solar, estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Médico e inspector de Sanidade en Negreira e Santiago de Compostela. Dirixiu o balneario Acuña de Caldas de Reis e o dos Ánxeles (Brión). Foi profesor auxiliar de Fisioloxía na Universidade Compostelá no curso 1922-23.

Colaborou en La Federación de Negreira y Baña con temas de hipnotismo e educación infantil, en El Ideal Gallego e publicou tamén sobre temas de hidroloxía galega, en Galicia Clínica (1929). Escritor afeccionado a temas filosóficos, publicou o libro de ensaios Luz en tu sombra (1948) co pseudónimo Xherman Kmam.

Vida persoal Era tío de José e Carlos Reino Caamaño. Casou na Coruña en 1921 con Emilia Suevos de la Cruz, filla do comerciante coruñés Félix Suevos RodríguezEl Orzán, 16-4-1921, p. 2..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Médicos de Negreira Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes