O cártamo silvestre ou cardo cabreiroDenominacións galegas en E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia (Carthamus lanatus), é unha especie pertencente á familia Asteraceae. miniatura|Vista xeral. miniatura|Detalle da borra laúda na preantese. miniatura|250px|Froitos: Cipselas. miniatura|250px|Cipsela, detalle do apex e do papo. Descrición É unha planta anual, de 10 a 60 cm de altura (e até o dobre en solos subnitrófilos); con talos erectos, moi ramificados - especialmente nas súas partes media e superior, e cubertos dun abundante tomento laúdo branco (de aí o seu nome específico en latín, lanatus), en particular durante a pre-antese. Follas ovais lanceoladas, glandulosa-viscosas, con lóbulos moi profundos, e terminadas en espiño. Flores amarelas brillantes, en capítulos duns 3 cm de diámetro, agrupados en corimbo ou ben solitarios. Brácteas exteriores moi parecidas ás follas superiores, pero máis curtas e menos espiñentas; as internas lanceoladas, escariosas, máis ou menos denticuladas e con puntas escuras. O receptáculo é de forma cónica aguda, con sedas en forma de fita abrancazadas. Os froitos son cipselas heteromorfas poligonais, curtas, cónico-ovaladas, de cor parda e con riscos irregulares; as interiores cun papo de sedas/escamas denticuladas, algo máis longo que o corpo; e as exteriores sen as filas externas de escamas do papo. Os dous tipos teñen o apex cunha coroa ondulada/denticulada, cunha fileira interna de pelos curtos ásperos no centro. A súa semente é viábel durante máis de oito anos á intemperie
No Mediterráneo, florea desde principios de maio até final do verán.
A subespecie creticus (=baeticus) ten idénticas características, mais é arbustiva e podería acadar os 5 m.
Na identificación como plántula, para o seu control agronómico: ten cotiledóns verdes moi escuros, orbiculares a ovais, crasos, con lámina de 8–14 mm por 8–11 mm; unha nervadura central visíbel; pecíolo curto e dilatado na base.
Distribución e hábitat Endémica de Europa, Siberia, a conca mediterránea, Irán, de 0 a 1 200 msnm, e estendida por todo o mundo como maleza, fundamentalmente en rexións temperadas de América e de Australia (lexislada a súa restrición xa desde 1887 en todos os seus distritos de cereais) , onde chegou a formar inmensos matos impenetrábeis agás cun machado. Pódese encontrar até a 2.000m de altitude, concretamente na Najarra (Serra de Guadarrama, España).
Habita áreas máis ou menos rochosas, beiravías/gabias, lugares asollados, barbeitos etc...; moi resistente a secas e bastante susceptíbel a xeadas.
Tería potencial para transmitir as súas características de resistencia a enfermidades criptogámicas a outras especies do xénero, mais fainas render menos aceite.
Historia Unha especie ben coñecida por antigos botánicos como Teofrasto, Plinio, e Dioscórides; este última menciónaa como antídoto para picadas da pezoña de escorpión.
Taxonomía Carthamus lanatus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2: 830, 1753. Citoloxía O número de cromosomas é de 2n=44 (o miemo para a sub-especie creticus / baeticus)Recherches biosystématiques sur la Section Jacea Cass. et quelques Sections voisines du genre Centaure, L... Gardou, C. (1972) Feddes Repert. 83: 311-472; Karyology, generic delineation and dysploidy in the genera Carduncellus, Carthamus and Phonus (Asteraceae), Vilatersana, R. & al. (2000) Bot. J. Linn. Soc. 134: 425-438
Sinonimia Anactis pilosa Raf. Atractylis fusus-agrestis Gaertn. Atractylis lanata Scop. Atractylis leucocephala Moench Atractylis lutea Bubani Atractylis pilosa Moench Calcitrapa lanuginosa Steud. Carduncellus lanatus Moris Carduus attractylis Garsault Carthamus albus Desf. Carthamus elatus (Gasp.) Nyman Carthamus creticus L. Carthamus exsuccus Chaix Carthamus lanatus subsp. baeticus (Boiss. & Reut.) Nyman Carthamus lanatus subsp. creticus (L.) Holmboe Carthamus lanatus subsp. lanatus L. Carthamus macedonicus Herzog Carthamus tauricus Bieb. Carthamus turbinatus Nyman Centaurea lanata (L.) Lam. & DC. Kentrophyllum baeticum Boiss. & Reut. Kentrophyllum lanatum (L.) DC. Kentrophyllum lanatum Duby Kentrophyllum tauricum (M. Bieb) Meyer Kentrophyllum turbinatum Gasp. ex Guss. Phonus lanatus (L.) Hill en PlantList
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cártamo común Bibliografía Munz, P.A., D.D. Keck. 1959. Una Flora Californiana. Prensa de la Universidad de California. Berkeley, Os Ánxeles, pp. 1273. Abrams, L. & R. S. Ferris. 1960. Bignonias to Sunflowers. 4: 732 pp. In L. Abrams Ill. Fl. Pacific States. Stanford University Press, Stanford. Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson. Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Fl. China Unpaginated. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York. Ligazóns externas Imaxes do cártamo silvestre
Categoría:Carthamus Categoría:Plantas medicinais Categoría:Oleaxinosas Categoría:Flora de Galicia