miniatura|División eclesiástica de Galicia. O arciprestado de Miñor é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue o territorio da comarca histórica da comarca do Val de Miñor, concretamente as parroquias dos actuais concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Xeografía Tomou o nome do río Miñor, que desemboca na baía de Baiona. Limita cos arciprestados de Vigo-Santo André, A Louriña, Tui-Entenza e A Guarda-Tebra.Miñor, Arciprestados de Tui-Vigo Nº 1, Delegación diocesana de patrimonio (2008).

Parroquias miniatura|A ponte da Ramallosa, no río Miñor. Está formado polas parroquias de:

Santa Mariña de Baíña Santa María de Baiona Nosa Señora da Cela de Baredo San Lourenzo de Belesar San Martiño de Borreiros Santa Baia de Camos Santa María de Chaín San Xosé de Chandebrito San Cristovo de Couso Santa Baia das Donas San Bieito de Gondomar San Vicente de Mañufe Santiago de Morgadáns San Fiz de Nigrán San Xoán de Panxón Santiago de Parada de Miñor San Miguel de Peitieiros San Mamede de Priegue San Pedro da Ramallosa Santa Cristina da Ramallosa Santa María de Vilaza Santa Mariña de Vincios

Ademais dos anexos de: San Cibrán das Donas (Santa Baia das Donas) San Xosé de Prado (Santiago de Morgadáns)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Arciprestados de Galicia

Minor