O cruceiro da Santísima TrindadeAlicia Graña Novelle et al.: Artigo "Baiona" en Gran Enciclopedia Galega: Ten tamén certo mérito o cruceiro da Trindade, situado nunha antiga calzada romana. É un antigo baldaquino de pedra de estilo renacentista que acubilla un cruceiro gótico de finais do século XV ou comezos do XVI. é un cruceiro do século XV situado na vila de Baiona.
Características Atópase sobre unhas rochas, e é un dos poucos de Galicia que está cuberto por un baldaquino. Este é de estilo renacentista en forma de pirámide sostida sobre unhas columnas, rematadas en forma de pináculos cilíndricos con coroa cónica. O cruceiro é de estilo gótico coa imaxe de Xesús Cristo e, ós seus pés, a Virxe María, María Madalena e Santiago o Maior. miniatura|250px|SENLLEIRO EXEMPLAR CON BALDAQUINUNICO DA SUA NATUREZA EN GALICIACRUZ GOTICA CON FIGURAS BIBLICASPOLICROMADAS E BALDAQUIN RENACENTISTADE ORIXE FRANCESA Atópase na calzada romana, posteriormente chamada Estrada Real. Foi realizado en granito, e conta cunha grande lousa de 1,12 m situada a 1 m de altura sobre o piso que servía de altar para celebrar misa en tempos de peste para os habitantes do Val Miñor e para as tripulacións dos navíos fondeados na baía de Baiona.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía (1950): As cruces de pedra na Galiza ( Museo de Pontevedra).
Outros artigos Igrexa de Santa María de Baiona Ligazóns externas Cruceiro da Santísima Trindade en Turgalicia.
Santisima Trindade Categoría:Baiona Categoría:Baldaquinos de Galicia