dereita|miniatura|250px|O aceite de oliva é o aceite vexetal máis popular en Galicia. dereita|miniatura|250px|Aceite de cacahuete miniatura|250px|Aceites vexetais en saquetas de plástico para a venda, na provincia de Samut Prakan, Tailandia. O aceite vexetal é un composto orgánico obtido a partir de sementes ou outras partes das plantas en cuxos tecidos acumúlase como fonte de enerxía.
Algúns non son aptos para consumo humano, como o de rícino ou o de algodón.
Como todas as graxas está constituído por glicerina e tres ácidos graxos.
Fontes Uso alimentario Aceite de oliva (froito da oliveira) Aceite de xirasol Aceite de soia Aceite de palma, procedente do froito ou do óso da palma aceiteira. Aceite de coco Aceite de sésamo Aceite de cacahuete Aceite de arroz Aceite de millo Aceite de liñaza Aceite de cártamo, do cártamo Aceite de colza, da colza, en especial a variedade canola (canadian oil low acid) orixinaria do Canadá, que é unha variedade apta para consumo humano. Aceite de améndoa, das améndoas Aceite de noz Aceite de abelá Aceite de carabuñas do bago, dos bagos ou uvas. Aceite de sementes de papoula Aceite de pebidas de cabaza Aceite de rícino. Aceite de copaiba (especies do xénero Copaifera) Aceite de sementes de cánabo. Aceite de macadamia. Aceite de argán. Aceite de abeluria. Aceite de anacardio.
Esenciais
O néroli (aceite da flor da laranxeira) Aceite de craveiro da India Aceite de citronela (Cymbopogon citratus, a herba limoeira) Aceite de cidra Aceite esencial de Ferulo gummosa Aceite esencial de flores de cánabo Aceite de xasmín Aceite de cantroxo Aceite de hortelá (Mentha spicata) Aceite de piñeiro anano ou piñeiro das montañas (Pinus mugo) Aceite de Nardostachys grandiflora (nardo índico) Aceite de bergamota (da bergamoteira: Citrus × bergamia) Aceite de Opopanax chironium. Aceite de petitgrain (laranxeira amarga). Aceite esencial de piñeiro rubio e outros piñeiros. Aceite esencial de rosa (Rosa damascena (roseira de Damasco) e Rosa centifolia) Aceite de sándalo (Santalum album). Aceite esencial de Ylang ylang (Cananga odorata)
Cosméticos e outros Aceite de piñón manso (Jatropha curcas) Aceite de xoxoba (Simmonsdia chinensis) Aceite de nim, da árbore do nim Aceite de algodón Aceite de aguacate Aceite de albaricoque. Manteiga de cacao Manteiga de carité Segundo o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos o consumo mundial no ano 2007/08 de aceites vexetais foi:
Soia 37,54 MMT (millóns de toneladas) Palma 41,31 MMT Colza 18,24 MMT Xirasol 9,91 MMT Cacahuete 4,82 MMT Semente de cotón 4,99 MMT Óso de palma 4,85 MMT Coco 3,48 MMT Oliva 2,84 MMT
Uso alimentario Moitos aceites vexetais son preferíbeis ás graxas animais para o consumo humano. Isto débese a que son ricos en ácidos graxos mono ou poliinsaturados, unha cualidade moi importante para a transformación de graxa no organismo humano. Porén, algúns aceites vexetais conteñen unha elevada proporción de graxas saturadas (coco e palma).
Desde o 2014 é obrigatorio especificar na etiquetaxe a orixe concreta do aceite engadido na elaboración do alimento, trala entrada en vixencia do Regulamento 1169/2011 sobre información alimentaria facilitada ó consumidor. Ata ese momento permitíase indicar este ingrediente, simplemente, como "aceite vexetal", sen especificar.
Outros usos A maior parte dos aceites vexetais úsanse para alimentar o gando. O aceite vexetal máis usado para consumo humano é o de xirasol.
O aceite de palma, que é sólido a temperatura ambiente, usábase especialmente para xabóns e cosméticos, pero tamén está presente en gran número de alimentos.
A maior parte do aceite de colza producido en Europa úsase para produción de biodiésel, aínda que pode ser producido con outros como o de xirasol ou o de cánabo. Aínda que tamén se ten estendido o uso destes aceites vexetais como combustíbeis para os motores diésel.
O aceite vexetal tamén se pode utilizar como combustíbel en vehículos híbridos ou adaptados (melkin).
Obtención O aceite vexetal pódese obter de xeito mecánico ou químico, e xeralmente úsase algunha combinación de ambas as dúas técnicas.
No método mecánico as sementes e froitos oleaxinosos sométense a un proceso de prensado. Os residuos deste prensado aprovéitase como alimento para o gando, por ser un produto moi rico en proteínas. Finalmente sométese o aceite extraído a outro proceso de refinamento.
O método químico utiliza disolventes químicos que resultan máis rápidos e baratos, ademais de dar mellor rendemento. O solvente xeralmente usado é o hexano.
Os aceites hidroxenados fórmanse a partir de aceite e hidróxeno. A combinación de ambos realízase en quente e a presións elevadas, de xeito que o aceite líquido transfórmase en graxas ou nunha substancia semisólida coa que se elaboran as margarinas. Estes aceites hidroxenados son perniciosos (nocivos) para a saúde, xa que contribúen ao aumento dos niveis de colesterol en sangue, moito máis que as graxas vexetais ou as animais; por mor do seu contido en ácidos graxos trans. Por este motivo, moitos nutricionistas e médicos, están en contra do seu uso na alimentación.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Planta oleaxinosa Aceite esencial Lípido Graxa Nutrición Aceite de oliva Etiquetaxe dos alimentos