Sir Richard Claverhouse Jebb, nado en Dundee o 27 de agosto de 1841 e finado en Londres o 9 de decembro de 1905, foi un político e tradutor escocés.

Foi tamén un dos meirandes tradutores (das linguas clásicas ao inglés) da súa época. Traxectoria Fillo dun avogado e neto dun xuíz, emprendeu unha carreira escolástica na Charterhouse School e no Trinity College, en Cambridge. Tras algúns recoñecementos convértese en profesor de grego en Glasgow do 1875 ao 1889, para despois pasar a Cambridge desde o 1889, onde permaneceu no cargo ata a súa morte. Casou en 1874 e no 1891 elíxeno membro do parlamento e foi distinguido co título de cabaleiro en 1900. Só á súa morte obtivo recoñecemento a nivel mundial.

Obras The Characters of Theophrastus (1870). The Attic Orators from Antiphon to Isaeus (2ª edición en I893). Bentley (1882). Sophocles (obras) (terceira edición en 1893). Bacchylides (1905). Homer (introdución á Iliada e á Odisea) (terceira edición en 1888). Modern Greece (1901). The Growth and Influence of Classical Greek Poetry (1893).

Categoría:Nados en Dundee Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1905 Categoría:Filólogos do Reino Unido Categoría:Políticos de Escocia Categoría:Escritores de Escocia