Pseudo Plutarco é a denominación que se dá ao autor de varias obras literarias da Antiga Grecia, entre as que se atopan as seguintes: Vidas dos Dez Oradores. As doutrinas dos filósofos. Sobre a educación dos fillos. Sobre a música. Sobre os ríos. Sobre a vida e poesía de Homero.
Estas obras nalgún momento foron atribuídas a Plutarco de Queronea. Con todo, a maioría dos investigadores rexeitaron, por razóns de estilo, que as mencionadas obras poidan atribuírse a Plutarco e non se atopou un autor de nome coñecido ao que poder adscribilas.
Sobre a vida e poesía de Homero e Sobre a educación dos fillos considérase que pertencen ao século II. Véxase tamén Bibliografía Pseudo Plutarco, Sobre la vida y poesía de Homero, introdución de Enrique Ángel Ramos Jurado. Madrid: Gredos, 1989, ISBN 84-249-1405-8.
Categoría:Escritores en lingua grega