Ansel Easton Adams, nado o 20 de febreiro de 1902 en San Francisco (California) e finado o 22 de abril de 1984 en Monterey (California), foi un fotógrafo e ambientalista estadounidense. As súas fotografías de paisaxes en branco e negro do oeste estadounidense, especialmente do Parque Nacional de Yosemite, foron amplamente reproducidas en calendarios, pósters e libros.
Con Fred Archer, Adams desenvolveu o Sistema de Zonas como un xeito de determinar a exposición axeitada e axustar o contraste na impresión final. A claridade e profundidade resultante caracterizou as súas fotografías. Adams usou principalmente cámaras de formato grande porque a súa alta resolución axudouno a asegurar a nitidez nas súas imaxes.
Adams fundou o Grupo f/64 de fotografía xunto cos compañeiros Willard Van Dyke e Edward Weston.
Obra
O proxecto Mural En 1941, Adams foi contratado polo Departamento do Interior do Goberno dos Estados Unidos para facer fotografías de parques naturais, reservas aborixes e outros lugares, para ser usadas como fotografías murais no novo edificio do Departamento en Washington, D.C. Parte do seu acordo co Departamento foi que podería tamén facer fotografías para o seu propio uso, ocupando a súa propia película e revelado. Malia que Adams gardou rexistros meticulosos do seu viaxe e dos seus gastos, foi menos disciplinado co rexistro das datas das súas imaxes e negouse a rexistrar a data de "Moonrise over Hernandez", polo que non quedou claro se pertencía a Adams ou ao Goberno dos Estados Unidos. A posición da lúa permitiu que a imaxe fora datada mediante cálculos astronómicos e determinouse que foi tomada o 1 de novembro de 1941, unha xornada na que Adams non traballara para o Departamento, polo cal a imaxe pertencía a Adams. A mesma disputa resultou non ser verdadeira en moitos outros negativos.
O proxecto detívose pola entrada na segunda guerra mundial dos Estados Unidos en 1942, e nunca foi rematado.
Fotografías destacadas
Monolith, The Face of Half Dome, Parque Nacional de Yosemite, 1927 Rose and Driftwood, San Francisco, California, 1932 Georgia O'Keeffe and Orville Cox, Monumento Nacional Canón de Chelly, 1937 Clearing Winter Storm, Parque Nacional de Yosemite, 1940 Moon and Half Dome, Parque Nacional de Yosemite, 1960 Moonrise, Hernandez, Novo México, 1941 Winter Sunrise, Serra Nevada, 1944 Aspens, Novo México, 1958 El Capitan, Parque Nacional de Yosemite, 1968
Libros de fotografías
Parmelian Prints of the High Sierras, 1927 Taos Pueblo, 1930 Born Free and Equal, 1944 This is the American Earth, con Nancy Newhall, 1960 These We Inherit: The Parklands of America, con Nancy Newhall, 1962 Polaroid Land Photography, 1978 Ansel Adams: Classic Images, 1986 Our Current National Parks, 1992 Ansel Adams: In Color, 1993 Photographs of the Southwest, 1994 The National Park Photographs, 1995 Yosemite, 1995 California, 1997 America's Wilderness, 1997 Ansel Adams: The Spirit of Wild Places, 2005
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Grupo f/64
Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade