O termo Alcázar (do árabe al-qaçr) pode referirse a:

Alcázar, recinto fortificado de orixe moura; O alcázar, a parte da cuberta dos buques desde o pau maior ata a popa.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Alcázar de Milmanda, parroquia do concello de Celanova; O Alcázar, lugar da parroquia de San Mateo de Oliveira, no concello de Ponteareas; O Alcázar, lugar da parroquia de Lira, no concello de Salvaterra de Miño.

Fóra de Galiza

En Castela-A Mancha Alcázar de San Juan, vila manchega da provincia de Cidade Real; Alcázar de Toledo, fortificación sobre rochas, situada na parte máis alta da cidade de Toledo.