Escuela Azul foi un semanario publicado en Lugo en 1937.
Historia e características Subtitulado Órgano oficial del S.E.M. de F.E.T. de las J.O.N.S., apareceu o 27 de agosto de 1937. De periodicidade semanal. Considerado como continuación de Vida Escolar, diferenciouse do seu antecesor xa que representou unicamente un panfleto falanxista. Evaristo Correa Calderón foi o seu redactor xefe e entre os seus colaboradores figurou Juan Bautista Martínez Lemiña. Cesou a súa publicación en 1945.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:1937 en Galicia Categoría:Prensa falanxista