Michal IV RahozaTamén Rohoza. (en ; en , "Mykhailo Rohoza") ou Miguel IV Rahoza, nado c. 1540 e finado en 1599, foi o metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus entre 1588 e 1599. En 1595 asinou a Unión de Brest, coa que a igrexa rutena abandonou a xurisdición do patriarcado ecuménico de Constantinopla para unirse á Igrexa católica, aceptando a autoridade do papa e formando o que hoxe é a Igrexa católica bizantina ucraína. Traxectoria Naceu arredor de 1540 nunha familia nobre belarusa da rexión de Volinia. Estudou probablemente cos xesuítas en Vilnius, onde traballou para o príncipe Bohush Koretskyi. Posteriormente entrou no mosteiro basiliano da Ascensión de Minsk, do que se converteu en arquimandrita en 1579.
En 1589 o patriarca de Constantinopla Xeremías II visitou a Confederación Polaco-Lituana e, de mutuo acordo co rei Sexismundo III, cesou ao metropolita Onesifir Devochka, probablemente por ter incorrido en digamiaA digamia (tamén chamada deuterogamia) refírese ao feito de ter contraído máis dun matrimonio de xeito sucesivo, logo dun divorcio ou de quedar viúvo. Diferénciase da bigamia, que consiste en ter dous matrimonios simultáneos. e tolerar este costume. Sexismundo, seguindo os consellos dos nobres locais, nomeou a Rahoza metropolita, quen foi consagrado bispo por Xeremías II en agosto de 1589 en Vilnius.
Como metropolita, comezou a reforma da Igrexa, principalmente a través de sínodos como o convocado en 1590. Os seus obxectivos foron a reforma dos costumes do clero e a redución das intromisións dos laicos na vida da Igrexa e nos mosteiros. Os seus intentos de reforma tiveron especial oposición dos mosteiros stavropegi, e a imposibilidade de levar a cabo as reformas foi unha das razóns que o levaron a orientarse cara a Roma.
Na década de 1590, o metropolita Rahoza suscribíu co resto de bispos un documento solicitando a unión coa Igrexa católica, condicionando dita unión á preservación do rito bizantino, das prácticas litúrxicas, e do dereito canónico propio. Isto se formalizou nun documento do 2 de decembro de 1594 e en dúas peticións máis, unha ao rei e outra ao papa Clemente VIII, asinadas en Brest o 12 de xuño de 1595. A unión de Brest foi proclamada formalmente o 8 de outubro de 1596.
Rahoza finou entre xuño e agosto de 1599. Foi sucedido polo bispo de Volodymyr e Brest, Ipatii Potii, un firme partidario da unión. Non todos os afectados aceptaron a unión, e 20 anos máis tarde, en 1620, o patriarca de Xerusalén Teófanes III restableceu a metrópole ortodoxa de Kíiv baixo a súa xurisdición, e nomeando como primeiro metropolita a Yov Boretskyi.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista dos metropolitas de Kíiv Igrexa católica bizantina ucraína
Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos ortodoxos de Ucraína Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos ortodoxos de Belarús Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Finados en 1599 Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa de Constantinopla Categoría:Basilianos de San Xosafat