Este é unha lista dos volumes do manga , creado no 2003 por Tsugumi Ōba e ilustrado por Takeshi Obata. A serie céntrase en Light Yagami, un estudante de secundaria que atopa un caderno sobrenatural, chamado «Death Note», o cal é quen de matar persoas se se escriben os nomes nel e se o portador visualiza mentalmente a faciana de quen quere asasinar; este caderno fora ciscado á Terra por un shinigami chamado Ryuk. Light intenta eliminar a tódolos criminais e crear un mundo onde non exista a maldade, pero os seus plans son frustrados por L, un famoso detective privado. A serie está baseada nun one-shot que foi difundido por Shūeisha na revista Shōnen Jump. O capítulo especial conta a historia dun adolescente de trece anos de idade chamado que atopa un Death Note, pero non sabe como usalo.
En decembro de 2003 a editorial Shūeisha comezou a publicar o manga na revista semanal xaponesa Shōnen Jump, ata o seu final en maio de 2006 co décimo segundo volume, chegando a recoller os cento oito capítulos; malia isto, despois de acabar o manga, creouse un volume especial chamado «How to Read» que se publicou o 13 de outubro de 2006. Este volume adicional é unha guía que contén datos relativos á serie, anécdotas sobre a produción desta, o perfil de tódolos personaxes principais, ademais dunha copia do capítulo piloto no que se baseou o manga; o material tamén contén entrevistas exclusivas cos creadores da serie, Tsugumi Ōba e Takeshi Obata.
O primeiro tankōbon —o formato dos volumes— de Death Note foi publicado o 2 de abril de 2004, e o duodécimo e derradeiro tankōbon foi publicado o 4 de xullo de 2006. En febreiro de 2008, Ōba e Obata crearon un novo one-shot igualmente difundido por Shūeisha na revista Shōnen Jump. O capítulo conta os sucesos que ocorren dous anos despois da fin do manga orixinal.
Volumes Volume 1. Aburrimento
001. Aburrimento (退屈, Taikutsu). 002. L (L, Eru). 003. Familia (家族, Kazoku) 004. Corrente eléctrica (電流, Denryū). 005. Ollos (眼球, Gankyū). 006. Manipulación (操作, Sōsa). 007. Obxectivo (標的, Hyōteki).
Volume 2. Confluencia
008. Muller (女, Onna). 009. Fendedura (穴, Ana). 010. Confluencia (合流, Gōryū). 011. Un (一, Hitotsu). 012. Deus (神, Kami). 013. Conta atrás (秒読, Byōyomi). 014. Tentación (誘惑, Yūwaku). 015. Teléfono (電話, Denwa). 016. De cabeza (逆立, Sakadachi).
Volume 3. Arroutada furiosa
017. Lixo (芥, Gomi). 018. Olladas (視線, Shisen). 019. Humillación (屈辱, Kutsujoku). 020. Vantaxe (先手, Sente). 021. Especuacións (裏腹, Urahara). 022. Desgraza (不幸, Fukō). 023. Arroutada furiosa (激走, Gekisō). 024. Escudo (盾, Tate). 025. Parvo (馬鹿, Baka).
Volume 4. Amor
026. Caída (転倒, Tentō). 027. Amor (恋心, Koigokoro). 028. Decisión (判定, Hantei). 029. Arma (武器, Buki). 030. Bomba (爆弾, Bakudan). 031. Doado (簡単, Kantan). 032. Aposta (賭, Kake). 033. Traslado (移動, Idō). 034. Sacrificio (投身, Tōshin).
Volume 5. En branco
035. En branco (白紙, Hakushi). 036. Pai e fillo (親子, Oyako). 037. Oito persoas (八人, Hachinin). 038. Golpe (打撃, Dageki). 039. Separación (離別, Ribetsu). 040. Compañeiros (仲間, Nakama). 041. Matsuda (松田, Matsuda). 042. Paraíso (天国, Tengoku). 043. Negro (黒, Kuro).
Volume 6. Intercambio
044. Sucesor (後継, Atotsugi). 045. Loucura (無茶, Mucha). 046. Inadecuado (不向, Fumuki). 047. Anticipación (先走, Sakibashiri). 048. Intercambio (交換, Kōkan). 049. Test (植木, Ueki). 050. Yotsuba (四葉, Yotsuba). 051. Erro (誤認, Gonin). 052. Intre crucial (寸止, Sundome).
Volume 7. Cero
053. Berro (悲鳴, Himei). 054. Interior (中, Naka). 055. Creación (創造, Sōzō). 056. Aperta (抱擁, Hōyō). 057. Dúas opcións (二択, Nitaku). 058. Segredo (胸中, Kyōchū). 059. Cero (零, Zero). 060. Secuestro (誘拐, Yūkai). 061. Segundo (二番, Niban).
Volume 8. Obxectivo
062. Decisión (決断, Ketsudan). 063. Obxectivo (的, Mato). 064. Ángulo recto (直角, Chokkaku). 065. Responsabilidade (責任, Sekinin). 066. Morte (死亡, Shibō). 067. Botón (釦, Botan). 068. Descubrimento (発見, Hakken). 069. Voo (飛翔, Hishō). 070. Arrepío (身震, Miburui).
Volume 9. Contacto
071. Contacto (接触, Sesshoku). 072. Verificación (確認, Kakunin). 073. Auga estancada (背水, Haisui). 074. Interpretación pasional (熱演, Netsuen). 075. Recoñecemento (認知, Ninchi). 076. Saúdos (挨拶, Aisatsu). 077. Utilidade (利用, Riyō). 078. Predición (予測, Yosoku). 079. Claridade (白々, Shirajira).
Volume 10. Supresión
080. Limpeza (掃除, Sōji). 081. Notificación (通告, Tsūkoku). 082. Eu (自分, Jibun). 083. Supresión (削除, Sakujo). 084. Casualidade (偶然, Gūzen). 085. Elección (当選, Tōsen). 086. Xapón (日本, Nihon). 087. Mañá (明日, Ashita). 088. Conversa (会話, Kaiwa).
Volume 11. Unanimidade
089. Unanimidade (同心, Dōshin). 090. Previo aviso (予告, Yokoku). 091. Interrupción (停止, Teishi). 092. Noite (夜, Yoru). 093. Decisión (決定, Kettei). 094. Exterior (外, Soto). 095. Satisfactorio (納得, Nattoku). 096. O outro lado (一方, Ippō). 097. Variedade (色々, Iroiro). 098. Todos (全員, Zen'in).
Volume 12. Final
099. Os dous (二人, Futari). 100. Enfrontamento (対面, Taimen). 101. Indución (誘導, Yūdō). 102. Paciencia (我慢, Gaman). 103. Anuncio (宣言, Sengen). 104. Resposta (答, Kotae). 105. Imposible (無理, Muri). 106. Impulso asasino (殺意, Satsui). 107. Telón (幕, Maku). 108. Final (完, Kan).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de personaxes de Death Note Lista de episodios de Death Note
Categoría:Death Note