A laranxeira amargaNome vulgar en galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 ou laranxeira aceda (Citrus × aurantium), é unha árbore cítrica da familia das Rutáceas. É un híbrido entre Citrus maxima e Citrus reticulata."Plant Profile for Citrus ×aurantium L. (pro sp.), http://plants.usda.gov/java/profile?symbol=CIAU8 Moitas variedades de laranxa amarga úsanse polo seu aceite esencial, para perfume e saborizante, ou como medicinais. Utilízase tamén coma portaenxertos doutras especies cítricas. thumb|240px|Follas thumb|240px|Flor de laranxeira thumb|240px|Froito thumb|240px|Follaxe con flor e froito

Descrición É unha árbore perennifolio que acada unha altura de 7–8 m, espiños axilares e agudos. Follas de 50-115 x 30–55 mm, elípticas, cor verde escura brillante e recendentes, con pecíolo alado, ás obovadas. Flores bisexuais, en cimas axilares, brancas e moi recendentes (flor de laranxeira).Naranjo agrio Infojardín Pétalos carnosos e glandulares. Estames 20-24. Froito globoso, de 7 x 7,5 cm, aplanados na base e o ápice; Pela cando madura, glandular e áspera. Eixo oco. Polpa amargo-aceda.

Variedades Citrus aurantium subsp. amara é unha árbore perenne espiñenta do sueste do Vietnam, amplamente cultivado. É moi usado como padrón doutras especies de Citrus.o seu froito úsase para a elaboración de marmeladas, licores Triple sec e Curaçao. Destas laranxas, tamén se obtén por extracción óleo esencial, para aceite neroli. Das súas flores e por destilación obtense auga de flor de laranxeira un hidrosol. Laranxeira de Sevilla (ou bigarade), da rexión mediterránea. Moi apreciada para marmelada, polo seu alto contido en pectina, dando mellor calidade e cantidade. Tamén en compotas, para saborizar con este licor o canard à l'orange (pato en mollo de laranxa). Bergamota, C. aurantium subsp. bergamia cultivada en Italia para producir o aceite de bergamota, compoñente de moitas marcas de perfume e de té. C. aurantium var. myrtifolia, chamada laranxeira moura en España e chinotto, en Italia. É nativo da China. Daidai, C. aurantium var. daidai, usado en medicina tradicional chinesa e na celebración do Aninvo xaponés.

Uso como portaenxerto Citrus × aurantium é un dos padróns utilizados para especies cítricas de valor comercial. É resistente a calcaria, a condicións de asfixia radical e ás xeadas. Tamén ten unha resistencia media a condicións de salinidade no solo e á seca, isto último polo seu sistema radical profundo e medianamente ramificado. En canto ás doenzas, a laranxeira amarga é tolerante a Phytophtora sp. e a Armillaria mellea, mais susceptíbel ao nematodo Tylenchulus semipenetrans. É ademais tolerante a exocorte, ao virus da psoríase dos cítricos e ao viroide da cachexia-xiloporose dos cítricos, porén susceptíbel ao virus da tristeza dos cítricos.

O tamaño da froita dos cultivares enxertados sobre laranxeira amarga é algo menor que sobre limoeiro rugoso (Citrus × jambhiri), mais maior que sobre mandarineiro Cleopatra (Citrus × reshni). Tanto os sólidos solúbeis como a acidez titulábel do zume dos froitos obtidos sobre pé de laranxeira amarga son elevados. Esta característica, xunto coa súa tolerancia moderada a Phytophtora, fixo da laranxeira amarga o portaenxerto preferido en países tropicais onde o virus da tristeza dos cítricos non é un factor limitante.

Suplementos dietarios O extracto de laranxa amarga (e o seu zume) úsase en suplemento dietario, como axuda para control da obesidade e como un supresor do apetito, aínda que sen control profesional pode ser extremadamente perigoso. A laranxa amarga contén sinefrina máis coñecida como fenilefrina, un fármaco semellante á efedrina, mais que actúa só como estimulante adrenérxico (alfa) cun posíbel risco de choque isquémico e hipertensión. Tamén se adoita utilizar con fins terapéuticos a fenilefrina en anticatarrais como vasoconstritor para o control das secrecións nasais.

O aceite esencial das flores é tranquilizante, hipnótico suave, espasmolílico. O aceite esencial do pericarpo ten efecto antiespasmódico, lixeiramente sedante e hipnótico; os flavonoides confírenlle propiedades como vitamínico P (aumenta o ton das paredes venosas, reduce a permeabilidade e aumenta a resistencia capilar. Os principios amargos actúan como tónico, aperitivo, eupéptico e colagogo. A pectina é a parte branca entre a pela e a froita. Confírelle propiedades demulcentes e hipocolesterolemiantes. A pela de laranxa amarga, polo seu característico cheiro e sabor (amargo-aromático), constitúe un dos mellores correctores organolépticos, para enmascarar os cheiros e sabores desagradábeis doutras drogas.

Pericarpo: inapetencia, dispepsias hiposecretoras, espasmos gastrointestinais, disquinesias hepatobiliares, colecistite, diarreas, síndrome do intestino irritábel. Varices, flebite, hemorroides, debilidade capilar, edemas, diarreas, hiperlipemias.

Flores, follas: ansiedade, insomnio, distonías neurovexetativas, tose nerviosa.

Taxonomía Citrus aurantium foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 782–783. 1753. Sinonimia Aurantium × acre Mill. Aurantium × bigarella Poit. & Turpin Aurantium × corniculatum Poit. & Turpin Aurantium × coronatum Poit. & Turpin Aurantium × humile Mill. Aurantium × myrtifolium Descourt. Aurantium × orientale Mill. Aurantium × silvestre Pritz. Aurantium × sinense (L.) Mill. Aurantium × variegatum Barb.Rodr. Citrus × amara Link Citrus × aurata Risso Citrus × benikoji Yu.Tanaka Citrus × bigaradia Loisel. Citrus × bigaradia var. cyathifera Risso & Poit. Citrus × calot Lag. Citrus × canaliculata Yu.Tanaka Citrus × changshan-huyou Y.B.Chang Citrus × communis Poit. & Turpin Citrus decumana var. paradisi (Macfad.) H.H.A.Nicholls Citrus × dulcimedulla Pritz. Citrus × dulcis Pers. Citrus × florida Salisb. Citrus × funadoko Yu.Tanaka Citrus × fusca Lour. Citrus × glaberrima Yu.Tanaka Citrus gracilis var. dulcis Yu.Tanaka Citrus grandis f. Benikawa Yu.Tanaka Citrus grandis var. glaberrima (Tanaka) Karaya Citrus grandis var. kotokan (Hayata) Karaya Citrus grandis var. natsudaidai (Tanaka) Karaya Citrus grandis var. sulcata (Takah.) Karaya Citrus grandis var. tengu (Tanaka) Karaya Citrus humilis (Mill.) Poir. Citrus hystrix H. Perrier Citrus × intermedia Yu.Tanaka Citrus × iwaikan Yu.Tanaka Citrus × iyo Yu.Tanaka Citrus × karna Raf. Citrus × keraji Yu.Tanaka Citrus × kotokan Hayata Citrus × leiocarpa var. tumida Yu.Tanaka Citrus maxima var. uvacarpa Merr. Citrus medica f. tamurana (Tanaka) M.Hiroe Citrus × medioglobosa Yu.Tanaka Citrus × mitsuharu Yu.Tanaka Citrus × myrtifolia (Ker Gawl.) Raf. Citrus × natsudaidai Hayata Citrus × nobilis Lour. Citrus × nobilis var. genshokan Hayata Citrus × nobilis var. rubrifrons Yu.Tanaka Citrus × nobilis var. subcompressa Yu.Tanaka Citrus × nobilis f. tumida (Tanaka) M.Hiroe Citrus × omikanto Yu.Tanaka Citrus × papillaris Blanco Citrus × paradisi Macfad. Citrus × pseudogulgul Shirai Citrus × reshni (Engl.) Yu.Tanaka Citrus × rokugatsu Yu.Tanaka Citrus × rumphii Risso Citrus sabon f. banyu Hayata Citrus sabon f. hakunikuyu Hayata Citrus sabon f. jiyu Hayata Citrus sabon f. mitsuyu Hayata Citrus sabon f. sekitoyu Hayata Citrus sabon f. soyu Hayata Citrus × sinensis subsp. crassa (Risso) D.Rivera & al. Citrus × sinensis subsp. fetifera (Risso) D.Rivera & al. Citrus × sinensis subsp. hierochuntica (Risso) D.Rivera & al. Citrus × sinensis subsp. lusitanica (Risso) D.Rivera & al. Citrus × sinograndis Yu.Tanaka Citrus × subcompressa (Tanaka) Yu.Tanaka Citrus × sulcata Yu.Tanaka Citrus × taiwanica Yu.Tanaka & Shimada Citrus × tangelo J.W.Ingram & H.E.Moore Citrus tankan f. koshotankan Hayata Citrus × tengu Yu.Tanaka Citrus × tosa-asahi Yu.Tanaka Citrus × truncata Yu.Tanaka Citrus × vulgaris Risso Citrus × yatsushiro Yu.Tanaka Citrus × yuge-hyokan Yu.Tanaka en PlantList

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi. Pérez, A., M. Sousa Sánchez, A. M. Hanan-Alipi, F. Chiang Cabrera & P. Tenorio L. 2005. Vegetación terrestre. 65–110. In Biodivers. Tabasco. CONABIO-UNAM, México. Perrier de la Bathie, H. 1950. Rutacees. Fl. Madagasc. 104: 1–85. Schatz, G. E., S. Andriambololonera, Andrianarivelo, M. W. Callmander, Faranirina, P. P. Lowry, P. B. Phillipson, Rabarimanarivo, J. I. Raharilala, Rajaonary, Rakotonirina, R. H. Ramananjanahary, B. Ramandimbisoa, A. Randrianasolo, N Ravololomanana, Z. S. Rogers, C. M. Taylor & G. A. Wahlert. 2011. Catalogue of the Vascular Plants of Madagascar. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 0(0): 0–0. Schulenberg, T. S. & K. Awbrey. 1997. A rapid assessment of the humid forests of South Central Chusquisaca, Bolivia. RAP Working Papers 8: 1–84. Serrano, M. & J. Terán. 1998 . Identific. Esp. Veg. Chuquisaca 1–129. PLAFOR, Intercooperación, Fundación Ceibo, Sucre. Small, J. K. 1933. Man. S.E. Fl. i–xxii, 1–1554. Published by the Author, Nova York. Sousa Sánchez, M. & E. F. Cabrera Cano. 1983. Flora de Quintana Roo. Listados Floríst. México 2: 1–100. Outros artigos Características das rutáceas Flor de laranxeira

Ligazóns externas Medicacións, suplementos e drogas ilícitas que aumentan a presión sanguínea

Categoría:Citrus Categoría:Híbridos vexetais Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Froiteiras Categoría:Oleaxinosas Categoría:Plantas ornamentais