El Duende foi un periódico editado na Coruña entre 1886 e 1897.

Historia e características Subtitulado Semanario satírico. Defensor de las clases productoras. Utile et dulce, apareceu o 1 de xuño de 1886.El Correo Gallego, 3-6-1886, p. 2. Estaba dirixido por Baldomero Nache. Constaba das seccións: Trasnadas, Potpurri, Buenos días, Espectáculos e Anuncios que asinaban El Duende, Pepe, Mercurios, San Hermógenes, Fausto, Ernesto Noboa e J. Soldado. Imprimíase nos obradoiros tipográficos da papelería de Ferrer e despois pasou a editarse en La Gutenberg, propiedade do director.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1886 en Galicia