A perforina (PRF 1), é unha proteína monomérica e oligomérica, mediadora da función da lise celular. Esta molécula prodúcena as células NK e os linfocitos T, e está codificada no xene PRF1 do cromosoma 10 humano Fink TM, Zimmer M, Weitz S, Tschopp J, Jenne DE, Lichter P (Sep 1992). "Human perforin (PRF1) maps to 10q22, a region that is syntenic with mouse chromosome 10". Genomics 13 (4): 1300–2. doi:10.1016/0888-7543(92)90050-3. PMID 1505959.Shinkai Y, Yoshida MC, Maeda K, Kobata T, Maruyama K, Yodoi J, Yagita H, Okumura K (Jan 1990). "Molecular cloning and chromosomal assignment of a human perforin (PFP) gene". Immunogenetics 30 (6): 452–7. doi:10.1007/BF02421177. PMID 2592021. (locus q22.1). Posúe certas similitudes coas proteínas que forman o CAM (Complexo de Ataque á Membrana) e pertence, xunto ás serina proteases pre-apoptóticas e as granzimas, ao grupo de moléculas encargadas da inmunorregulación do sistema inmunitario.

Función

A perforina almacénase en vesículas especiais das células NK e linfocitos T. Unha vez que se produce a desgranulación, a perforina acóplase á membrana plasmática da célula diana na que orixina a formación de poros de 20 nm dependente do calcio, que desestabilizan osmoticamente a célula e cáusanlle a morte por lise osmótica. Porén, para que se produza esta lise osmótica de maneira funcional fai falta que se lle acople outra molécula, a granzima B. A parte lítica inserida na membrana da perforina é o dominio MACPF. Esta rexión comparte homoloxía coa citolisina dependente de colesterol das bacterias grampositivas.Rosado CJ, Buckle AM, Law RH, Butcher RE, Kan WT, Bird CH, Ung K, Browne KA, Baran K, Bashtannyk-Puhalovich TA, Faux NG, Wong W, Porter CJ, Pike RN, Ellisdon AM, Pearce MC, Bottomley SP, Emsley J, Smith AI, Rossjohn J, Hartland EL, Voskoboinik I, Trapani JA, Bird PI, Dunstone MA, Whisstock JC (2007). "A common fold mediates vertebrate defense and bacterial attack". Science 317 (5844): 1548–51. doi:10.1126/science.1144706. PMID 17717151.

Ademais, tamén cumpre unha función de inmunitaria, xa que pode atacar e eliminar especificamente células tumorais e células infectadas por virus, polo que exerce unha función de homeostase inmune. Tamén ten a función de protexer ao organismo da sepse intracelular, e, por último, ten un papel moi importante na apoptose.

A perforina ten semellanzas estruturais e funcionais co compoñente do complemento 9 (C9). Igual que C9, esta proteína crea túbulos transmembrana e pode lisar de modo non específico diversas células diana. Esta proteína é unha das principais proteínas citolíticas presente nos gránulos citolíticos, e é unha mediadora fundamental nos efectos citolíticos das células T e NK.Entrez Gene: PRF1 perforin 1 (pore forming protein)". Crese que a perforina actúa xerando perforacións na membrana plasmática que orixinan un influxo de calcio e inician os mecanismos de reparación das membranas. Estes mecanismos de reparación levan a perforina e as granzimas aos endosomas temperáns.

Doenzas asociadas As doenzas asociadas á perforina divídense basicamente en dous grandes grupos: por unha parte están as doenzas asociadas a unha falta completa de liberación de perforina, e por outra aquelas nas que hai unha liberación disfuncional da PRF 1, este último grupo é o causante de múltiples doenzas, entre as cales se atopan as seguintes:

Síndrome de Inmunoinsuficiencia: É debido a defectos cromosómicos conxénitos ou adquiridos que causan que as células T e NK non poidan producir a suficiente perforina. Unha liberación deficiente de perforina causa infeccións recorrentes. Linfohistiocitose hemofagocítica de tipo2 (HPLH2): Doenza xenética, autosómica recesiva causada pola substitución de dous dos aminoácidos situados no dominio C2: T435M. Anteriormente, críase que o causante era o dominio Y438C. Cursa con disfunción da desgranulación, febre, hepatoesplenomegalia, citopenia e hipertrigliceridemia, hipofibroxenemia e anormalidades neurolóxicas, entre outros signos e síntomas. O seu tratamento de elección baséase no transplante de medula ósea, normalmente na infancia. Deficiencia de PRF 1: trastorno agresivo da inmunorregulación debido a unha perda completa das funcións dos linfocitos T citotóxicos, que se pensa que é un factor importante para padecer algún cancro hematolóxico maligno. Esclerose múltiple: nun estudo feito na poboación española sobre o polimorfismo dun único nucleótido do xene da perforina, que causa un aumento da susceptibilidade a padecer esclerose múltiple.

Interaccións A perforina interacciona coa calreticulina.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sistema inmunitario Linfocito T citotóxico

Categoría:Proteínas