Xavier Dolan-Tadros, nado en Montreal o 20 de marzo de 1989, é un actor, actor de voz, director, guionista, editor de cinema canadense. Comezou a súa carreira como actor infantil en anuncios publicitarios antes de comezar a dirixir filmes. Recibiu a aclamación internacional en 2009 despois do seu debut como director con J'ai tué ma mère, que se estreou no Festival Internacional de Cinema de Cannes na sección "Quincena de Realizadores".
Dende 2009, escribiu e dirixiu oito filmes, tódolos cales foron estreados en Cannes, agás Tom à la ferme, que se estreou no Festival de Venecia en 2013, e o seu primeiro filme en lingua inglesa, The Death and Life of John F. Donovan, que se estreou no Festival de Toronto en 2018. Dirixiu o vídeo musical para o sinxelo de Adele "Hello" en 2015.
Filmografía Como director 2009: J'ai tué ma mère 2010: Heartbeats 2012: Laurence Anyways 2013: Tom at the Farm 2013: College Boy (Vídeo musical de Indochine) 2014: Mommy 2016: Juste la fin du monde 2018: The Death and Life of John F. Donovan
Como actor 1994: Miséricorde (Misery) 1997: Heads or Tails 2001: La forteresse suspendue (The Suspended Fortress) 2006: Miroirs d'Été 2008: Martyrs 2009: Suzie 2009: J'ai tué ma mère 2010: Heartbeats (Les Amours imaginaires) 2010: Good Neighbours 2013: Tom at the Farm (Tom à la ferme) 2014: Miraculum 2014: Elephant Song
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Pierre-Alexandre Fradet, « Xavier Dolan» (entrevista en Cannes), Séquences, n° 279, xullo–agosto de 2012, pp. 46–47.
Categoría:Actores de televisión do Canadá Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Directores de cinema do Canadá Categoría:Actores infantís do Canadá Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Montreal