Reality é o vixésimo terceiro álbum do músico inglés David Bowie, publicado o 16 de setembro de 2003 a través do selo do seu propio selo, Iso Records, conxuntamente con Columbia Records.
Listaxe de cancións
"Bring Me the Disco King" foi gravada orixinalmente por by Bowie cara 1992/93, durante as sesións de estudio do álbum Black Tie White Noise, pero por razóns descoñecidas non foi editada ata que apareceu neste traballo (regravada).
Disco extra da edición limitada
DVD tour edition limitado O DVD conta cun concerto promoconal onde se toca todo o disco canción por canción. Foi gravado nos Riverside Studios de Hammersmith, Londres o 8 de setembro de 2003. No CD normal unha gravación da canción de The Kinks "Waterloo Sunset" foi editada como canción extra. Na reedición canadense, o DVD ao vivo foi reducido a cinco pistas.
Edición DualDisc Unha edición DualDisc foi lanzada inicialmente só nas rexións de Boston e Seattle. A cara do CD contén o álbum, mentres que a do DVD o ten en formato de son 5.1 ademais de ter material extra (galería de fotos, letras, biografía e discografía).
Categoría:Álbums de David Bowie Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Álbums producidos por Tony Visconti Categoría:Álbums de Columbia Records