Unwound é unha banda de post-hardcore estadounidense fundada en Tumwater/Olympia, Washington. Formada en 1991, o grupo está composto no presente por Justin Trosper (voces, guitarra), Jared Warren (baixo), Sara Lund (batería), e Scott Seckington (guitarra).
Fundada orixinalmente por Trosper, o baixista Vern Rumsey e o batería Brandt Sandeno co nome "Giant Henry", Sandeno foi substituído en 1992 por Lund que tocou no seu álbum de estrea en 1993. Baseado en Olympia durante a década de 1990, o trío formado por Lund, Trosper e Rumsey gravou sete álbums, ademais de numerosos sinxelos, e xirou sen descanso ata a disolución da banda en 2002.
Moitas veces clasificado como noise rock ademais de post-hardcore, Unwound toca un estilo marcadamente disonante e angular que fai uso de tons de guitarra pouco comúns, e chamou a atención local polas súas incansables xiras, preferindo clubs para todas as idades e destacou pola súa forte ética DIY. O grupo estivo fortemente asociado ao selo Kill Rock Stars ao longo dos anos 90, co álbum de estrea da banda, Fake Train (1993), sendo o primeiro lanzamento do selo que non era de spoken word. Unwound medrou co lanzamento do quinto e sexto álbums de estudo da banda, Repetition (1996) e Challenge for a Civilized Society (1998), que experimentaban máis aló do noise rock. O sétimo álbum autoproducido de Unwound, Leaves Turn Inside You (2001), foi o único álbum dobre da banda, e viu como a banda mudaba estilisticamente ao territorio post-rock e vangardista; foi aclamado pola crítica e máis tarde apareceu en varias listas dos mellores álbums da década de 2000.
Tras unha desastrosa xira polos Estados Unidos para promover Leaves Turn Inside You, Unwound anunciou a súa disolución en 2002 citando as diferenzas xeográficas dos membros da banda e o empeoramento do alcoholismo de Vern Rumsey, causado polo estrés das xiras. Durante a década de 2010 plans para unha reunión formuláronse e rexeitáronse repetidamente debido aos problemas de saúde de Rumsey, e finalmente nunca ocorreron antes da súa morte en agosto de 2020. En xullo de 2022, Trosper e Lund reformaron Unwound para unha xira en 2023 en memoria de Rumsey, con Jared Warren no baixo e Scott Seckington na guitarra.
Discografía Álbum Ano Selo Unwound 1991 autoeditado Fake Train 1993 Kill Rock Stars New Plastic Ideas 1994 Kill Rock Stars The Future of What 1995 Kill Rock Stars Unwound 1995 Punk In My Vitamins?, Honey Bear Repetition 1996 Kill Rock Stars Challenge for a Civilized Society 1998 Kill Rock Stars Leaves Turn Inside You 2001 Kill Rock Stars
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Washington Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1991 Categoría:Grupos musicais separados en 2002