Eat Me, Drink Me é o sexto álbum da banda estadounidense de rock industrial Marilyn Manson, publicado o 5 de xuño de 2007 a través do selo Interscope Records. Gravouse nunha casa alugada en Hollywood polo vocalista Marilyn Manson e o guitarrista e baixista Tim Sköld, que tamén se encargaron de producir o traballo. Sean Beavan encargouse das tarefas de mestura. Tras o seu lanzamento obtivo recensións positivas dos críticos do mainstream.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Marilyn Manson Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums producidos por Marilyn Manson Categoría:Álbums de Interscope Records